1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

170416 amnGaliza - Diário Liberdade - Este 17 de abril, Día Internacional de Solidariedade C@s Represaliad@s Polític@s o CSRP-Compostela comunicou ao DL o início de umha campanha de difusom.


A campanha reivindica a amnistia e conclama à auto-organizaçom mediante "umha rede antirrepressiva unitária, ampla e com umhas reivindicaçons parciais no curto prazo, mas sem perder de vista a meta".

Eis o texto da campanha na íntegra:

Comunicado perante o Día Internacional de Solidariedade c@s Pres@s Polític@s

Nesta data sinalada no ámbito antirrepresivo compre valorar a situación na que nos atopamos hoxe por hoxe, definida pola conxugación da máis negra tradición represora do Estado Español xunto ca implementación práctica das novas reformas represivas e de control social aprobadas nos últimos anos – como a Lei Mordaza. Situación ante a cal urxe a ineludible necesidade de organizar a loitar antirrepresiva e solidaria. Non podemos seguir tolerando que se deteñan a ducias de persoas por opinar nas redes, que ingresen en prisión sindicalistas ,que día a día parte dos centos de persoas que están a espera dun xuízo por protestar vaian entrando en prisión e que se extermine lentamente as que xa están presas. Xa abonda!

Non é a primeira vez que o dicimos, é imprescindible artellar un movemento antirrepresivo amplo, unitario, que se solidarice por igual con todas as represaliadas políticas sexan sindicalistas,estudantes, comunistas, anarquistas ou independentistas. A única condición é manter blandida a máis valiosa arma: a dignidade.

Todas coñecemos e vivimos moitos tipos de represión, dende un porrazo, unha multa ou un xuízo. Mais entre todas as represaliadas, sen lugar a dúbidas, as presas políticas xogan un papel fundamental. Atópanse na situación máis sangrante, lonxe das súas familias e encerradas nas mans dos carcereiros (e) torturadores. E por iso polo a loita pola AMNISTÍA convértese na punta de lanza do movemento antirrepresivo, e nunha reivindicación destacada do conxunto do movemento popular. Pois as presas políticas precisan do calor solidario e reivindicativo que podemos exercer dende a rúa para que sexan respectadas e un día conquistar a súa liberdade. Fagámosllo sentir, enviémoslles cartas, recademos cartos, difundamos a súa situación, protestemos!

Neste camiño cara a amnistía non cabe dúbida de que haberá escollos e dificultades, mais tamén non nos haxa dúbida de que é o único que asegura a liberdade para as persoas que hoxe están presas, e o que é máis importante, tamén para as que algún día poderemos estalo. Porque a amnistía é política e colectiva e polo tanto sempre se expón na perspectiva da superación das problemáticas que levaron a existencia desas presas.

Debemos polo tanto estar a altura do obxectivo que nos fixamos e comprender que só será posible acadalo dotándonos da ferramenta adecuada, mediante a organización dunha rede antirrepresiva unitaria, ampla e cunhas reivindicacións parciais e a corto prazo máis sen perder de vista a meta onde nos encamiñamos.

ORGANIZAR E COORDINAR A SOLIDARIEDADE!
CONQUISTAR A AMNISTÍA PARA DERRUBAR OS MUROS DAS PRISIÓNS!

Via CRSP-Compostela


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.