Asistindo á mesma ademais do sindicato anfitrión, os sindicatos: UGTG (Guadalupe), USTKE (Nova Caledonia), STC (Córsega), SLB (Bretaña), CSS (Sardeña), I-CSC (Catalunya), CUT (Galicia) e LAB (Euskal Herría).
A CUT estivo representada polo compañeiro Manolo Camaño. A PSNSE tivo o acto fundacional en Ajacio (Córsega) hai tres anos, e compóñena 19 sindicatos. Nesta asemblea vense consolidar como referente sindical que agrupa a diferentes sindicatos, de distintos ámbitos ideolóxicos e que o seu escenario de actuación son nacións asoballadas de todo o Mundo.
Nas xornadas desenroladas en Aosta, aprobouse o Regulamento de funcionamento que será o marco que ordene a actuación da PSNSE no futuro, así como a integración de novas organizacións. Tamén foi elixida a Comisión Permanente, quedando formada polos sindicatos: STC, LAB, CSS, SAVT, I-CSC, UGTG e LAB.
Tamén por unanimidade aprobouse unha Resolución esixindo a posta en liberdade de Rafa Diez Usubiaga, ex Secretario Xeral do sindicato LAB, encadeado polo goberno español no marco da espiral represiva contra o movemento vasco de liberación nacional.
A vindeira asemblea xeral da PSNSE celebrarase no ano 2012 en Guadalupe.