1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

240316 med.redimensionadoGaliza - CNT - O piquete informou sobre as práticas discriminatorias de Médicos Sin Fronteras. A Sección Sindical da CNT en MSF apela ao diálogo mais a ONG continúa a negarse.


Este martes 22 de marzo un piquete da CNT concentrouse perante a sede de Médicos Sin Fronteras na composteana rúa do Vilar. O piquete informou aos viciños e viciñas compostelanas da discriminación sufrida por parte dunha traballadora de Médicos Sin Fronteras por razóns de nacionalidade.

O sindicato CNT informou que «a traballadora ven de denunciar a empresa por vulneración de dereitos fundamentais visto que foi discriminada por ser estranxeira ao non facilitar a conversión do seu contrato a indefinido como o resto de compañeiras e compañeiros».

Perante a atónita mirada de paseantes e turistas por este tipo de comportamento vindo dunha ONG que dá asistencia a poboacións en situación de crise «sen discriminación por raza, relixión ou ideloxía» como é indicado na súa páxina web, moitas persoas e socias da organización achegáronse para mostrar o seu apoio á traballadora.

Membros do piquete denunciaron a actitude de Médicos Sin Fronteras que se «nega a converter o contrato da captadora de socios a indefinido porque non queren que utilicen o contrato para obter permiso de residencia» e, despois de varias tentativas de diálogo por parte da Sección Sindical da CNT en MSF, «a organización continúa a impedir que os traballadores e traballadoras exerzan os seus dereitos con este tipo de atitudes discriminorias».

O sindicato CNT constituíu hai seis meses unha sección sindical na empresa Médicos Sin Fronteras e interpuxo un conflito colectivo por unha cláusula de obxectivos mínimos abusiva imposta con carácter colectivo pola empresa. Os filiados e filiadas ao sindicato non deixan de recibir constantemente sancións disciplinarias por non atinxiren os obxectivos, mais eses resultados dependen exclusivamente da planificación da empresa.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.