1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

irGaliza - Galiza Confidencial - A Real Academia Galega estrea un espazo web para celebrar o centenario deste movemento clave na defensa da lingua galega e de Galiza como suxeito político.


Tal día como hoxe, o 21 de marzo de 1916, saíu do prelo na Tipografía Obrera da Coruña 'Nacionalismo gallego. Nuestra afirmación regional'. Esta obra de Antón Villar Ponte inaugura o espazo web creado pola Academia para difundir parte dos fondos que conserva sobre as Irmandades da Fala. Esta é a primeira dunha serie de accións coas que a Real Academia Galega (RAG) celebrará o centenario do nacemento dun movemento histórico que foi esencial para a dignificación da nosa lingua.

Esta obra, que se escribiu por razóns "de propaganda" en castelán, abre o espazo web creado pola RAG para celebrar o centenario do nacemento das Irmandades da Fala, fundadas o 18 de maio de 1916 no local que daquela tiña esta institución na rúa Rego de Auga da Coruña.

A páxina web da Academia inaugura así hoxe esta nova sección, As Irmandades da Fala nos Fondos da Academia, xusto cen anos despois da publicación desta obra de Villar Ponte, fundador deste movemento clave na defensa da lingua galega e de Galicia como suxeito político. Ao longo do ano, a RAG irá publicando en versión dixital distintas publicacións e documentos históricos relacionados coas Irmandades da Fala conservados na Real Academia Galega.

'Nacionalismo gallego. Nuestra afirmación regional', presentado na cuberta como "apuntes para un libro", recolle as ideas e argumentos, e mesmo parágrafos literais, dos artigos que Antón Villar Ponte publicara en La Voz de Galicia a prol do idioma e da reorganización do galeguismo. Dous meses despois de que este folleto saíse do prelo, nacía a primeira das Irmandades da Fala, a da Coruña, nunha xuntanza que arrincou cunhas palabras do xornalista.

Foi Ramón Villar Ponte quen tivo a idea de crear as Irmandades da Fala, segundo explicaba o seu irmán Antón nun artigo publicado en A Nosa Terra co gallo do segundo aniversario da fundación do movemento. Porén, o seu irmán Ramón negouno décadas despois no seu discurso de ingreso na RAG (1951), no que definía a Antón como "pai feliz da idea".

As Irmandades da Fala promoveron o uso do idioma galego en todo tipo de contextos, desde a oratoria política e o ensino ao ámbito científico. En 'Nuestra afirmación regional', Antón Villar Ponte pregunta retoricamente se é posible "dejar de cultivar, limpiar y fijar el idioma gallego no siendo suicidas, no teniendo castrada la inteligencia ni cegado el instinto de conservación" e critica a "ridícula clase media de cincuenta años a la fecha", que comezara a mirar "con notorio desdén" a lingua materna."No hay duda de que la generalización del gallego, sobre todo en la clase media, nos llevaría á la renuncia de ese inútil esfuerzo que hacemos al castellanizar ridículamente los conceptos, las palabras y el acento", afirma máis adiante.

Villar Ponte tamén apela nesta obra centenaria á responsabilidade dos medios de comunicación e reproduce un anaco dun artigo no que Amador Montenegro pide a cada xornal que publique "una vez siquiera por semana, algo en gallego, serio, correcto, y no en verso solamente, sino que también en prosa".

Descarga 'Nacionalismo gallego. Nuestra afirmación regional' (pdf).


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.