Galiza - Mar de Lumes - A situación na faixa de Gaza e nos Territorios Ocupados é dramática. Israel, ponta de lanza do imperialismo en Oriente Medio, decidiu novamente bombadear vilas e cidades palestinianas á procura da súa autoafirmación, sabendo que a comunidade internacional ollará para outra parte, como habitualmente.
Desde Mar de Lumes - Comité Galego de Solidariedade Internacionalista, chamamos a participar nunha concentración simbólica e urxente en solidariedade co pobo da Palestina e contra os continuados ataques de Israel, a celebrar mañá, venres 11, ás 20h00, na praza de Galiza de Compostela. O obxectivo é dar unha resposta en chave galega e coordenamos alí mesmo, en rexime de autoconvocatoria, novas accións solidarias de carácter unitario.
Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.