1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

mmGaliza - CIG - A CIG e CCOO rexeitan que a empresa aplique a reforma laboral para substituír emprego a tempo completo por contratos por horas


Os delegados/as sindicais da CIG e de CCOO no comité de empresa de Media Markt en Vigo denuncian despedimentos inxustificados, deterioro das condicións laborais, presións e falta de persoal. As dúas centrais censuran que a empresa estea a aplicar a última reforma laboral do PP para substituír emprego a tempo completo por contratos por horas.

A representación do cadro de persoal de Media Markt en Vigo vén de alzar a voz para denunciar o crecente deterioro das condicións laborais na empresa, “coa obriga de traballar domingos e de facer horas extraordinarias”, até o punto de que en moitos casos os empregados/as descoñecen o seu propio horario laboral un día antes de comezar a xornada.

A isto hai que sumar que a dirección estea a aproveitar a última reforma laboral do PP para despedir traballadores/as vinculados/as á compañía dende a apertura da tenda viguesa que teñen contratos a xornada completa “ao tempo que contratan novo persoal por horas”.

Dende a CIG e CCOO critican a situación de indefensión que padecen os traballadores/as pola actitude da dirección e denuncian a existencia de “ameazas constantes de despedimento” para que o persoal non proteste ante o deterioro das condicións de traballo. “Esta empresa, que dende os medios de comunicación presume de modelo empresarial e motor de crecemento, esconde detrás unha volta ás condicións laborais do século XIX”, sosteñen.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.