1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

calaisGaliza - Forogi - "Non permitamos que a Uniom Europeia violente de forma intolerável os direitos humanos: nom ao acordo da UE com a Turquia. Nom à explusom das ONG dos campos de refugiados da Grécia", di o FGI.


Foto - Cabanas e abrigos na parte sul do acampamento de Calais. Foto: Denise Pinesso

O FORO GALEGO DE INMIGRACIÓN reclama a necesidade do cumprimento rigoroso dos dereitos humanos nas políticas migratorias e respecto á poboación refuxiada da UE.

Por iso denuncia o Acordo que a Unión Europea ve de asinar  con Turquía,  "ue contravén os máis elementais dereitos humanos e os acordos internacionais en materia de refuxio e inmigración", entre outras razóns por:

  • A pesar de eliminar en teoría ás deportacións colectivas, na práctica establece un modelo de revisión de situacións individuais, que van ser tratadas de forma colectiva (senón precisaríamos miles de funcionarios traballando a tempo completo  dende xa na atención ás persoas  refuxiadas  e moitos meses ou anos  para abordar de forma sería e individualizada esta cuestión). Polo tanto unha vez máis a UE cambia a terminoloxía, pero non a realidade. "O ACORDO CON TURQUÍA SUPÓN DE FEITO DEPORTACIÓNS MASIVAS DE PERSOAS, senón, simplemente non pode funcionar",
  • Por pretender “comprar” en Turquía campos de internamento destas persoas para quitarse de forma intolerable esta realidade de enriba.

O FGI denuncia un paso máis na estratexia: A expulsión que se está empezando a comunicar as ONGs de intervención nos campos de refuxiados das illas gregas , mesmo o plantexamento de ACNUR de abandoar algún deses campos, ten que ver co paso evidente que se está a realizar de converter aos campos europeos  de refuxiados en  campos de internamento forzado baixo control militar e/ou policial.  "NON DEBEMOS PERMITIR QUE SE EXPULSE ÁS ONGS DOS CAMPOS DE REFUXIADOS, QUE DEBE DIRIXIR E XESTIONAR ACNUR, COMO GARANTÍA DE RESPECTO AOS DEREITOS HUMANOS. NON SON CAMPOS DE PRISIONEIROS", explican. 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.