O baile é a nosa tradición, reflexo da nosa historia, unha linguaxe universal. Dende tempos inmemoriais existe o baile tradicional coma manifestación artística propia do noso pobo. Hoxe en día son varias as agrupacións da bisbarra que tentan colaborar na súa difusión e conservación, coma o caso de Airiños do Eume. Desta volta o Colectivo Terra de Pontedeume programa conxuntamente un obradoiro de iniciación ao baile tradicional. Será este sábado 12 de marzo no local do Colectivo Terra (Boa Vista, 8), dende as 18:00 horas e terá unha duración de tres horas. Haberá música en directo e o custo será de 10 euros por persoa. Está encamiñado a tódolos públicos dende os 12 anos.
Para apuntarte ponte en contacto co Colectivo Terra.