1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

160210_msr.jpgLugo Antifascista - O grupúsculo nazi-fascista MSR, apodado como Movemento Social Republicano, dicimos apodado porque nin socialistas nin republicanos son, son tan só esquemas eufemísticos...


 

... para facerse un oco dentro do descontento xeral do pobo traballador fronte ós partidos estatalistas con palabras bonitas e siglas que poden chegar a confundir a algún despistado.

Non debemos esquecer que o MSR é un partido político de ideoloxía fascista e neonazi como ben o demostran os seus actos realizados en contra da inmigración, por dispos un exemplo paradigmático. Así mesmo a anterior pertenza de moitos dos seus militantes, cun pasado canto menos denunciable da mostra do que a presenza desta organización pode supor.

O actual "cabecilla" deste conxunto faccioso é Juan Antonio Llopart, home moi dado a xogar coas ambiguidades que o espectro da ultradereita española ofrece, defensor a ultranza de ideas homófobas e racistas, colaborador habitual da Librería Europa, enclave nazi por excelencia da Barcelona actual e editor de diferentes propagandas que teñen un grande éxito entre os seus seguidores, os mesmos que adoitan a seguir a parafernalia discursiva do nacionalsocialismo alemán que logo tentan levar á práctica na súa vida diaria de xeitos canto menos ruinososos.

Malia todo este perfil, que sería suficiente para desacreditar a esta formación e combatila, queremos dar uns poucos detalles máis acerca de con quen nos atopamos. En concreto con esta personaxe estamos diante da punta de lanza dun extenso movemento, polas ramificacións que ten que non pola súa militancia, que se dota de sección sindical, estudantil e até cultural!, para facer máis factible a súa integración dentro do sistema que tanto repelen e contra o que maldín, o mesmo que permite os seus actos e manda ós seus mercenarios uniformados para protexelos, para salvagardar a "liberdade de expresión", termo descontrolado que xa a penas carece de sentido. O feito de sinalar a este e tantos outros que haberá como o pico dunha pirámide é para amosar á súa fiel militancia o que realmente sucede cando eles non están diante.

Pola contra de nós, os antifascistas, dotados de cadros militantes de base, onde se sitúa dende os primeiros banzos a capacidade de decisión de calquera acto ou acción, os militantes locais ou de base de organizacións como o MSR son simple forza de choque coa que os dirixentes poidan lavarse as mans e realizar o traballo sucio co que tantos anos levan fantasiando, ideas de limpeza e pureza que non van levar a cabo coas súas mans, por cobardes, xa que logo que mellor que un exército de pequenos camaradas para sacar á rúa todo o fanatismo de despacho acumulado durante anos, se a isto lle engadimos amplas doses de rexionalismo como no caso da sección do MSR na Galiza, e matices de obreirismo aprendido das tribunas do NSDAP, como afirma o propio Llopart fiel seguidor de Strasser e da súa política amiguista coa URSS,(xa vimos como rematou finalmente esa causa unitaria).

MSR Galiza, Euskal Herria (Como se atreven a dispor en moitos dos seus comunicados) Catalunya... son só diferentes marcas da "España Social" que predican, que queda reducida a fascismo puro e duro, cun claro matiz europeísta e supremacista que decoran e manipulan coa múltiple retórica anteriormente comentada. Por iso non nós queda máis que advertir ó pobo da presenza desta formación no noso país e chamar ó combate firme contra as súas actividades encamiñadas á criar un clima de confusión que debemos desenmascarar canto antes.

MSR FORA DA GALIZA!

STOP NAZI-FASCISTAS!

A continuación unha entrevista concedida a El País por parte do líder desta formación onde vemos como esquiva todos os ataques que lle fan, deixando abertas tantas portas que parece que se vai volver marxista-leninista dun momento a outro para logo volver ó rebaño das fascistadas típicas destes aduladores do caudillismo e o totalitarismo. Vexa e descubran quen está detrás destas pequenas accións.

http://www.elpais.com/articulo/cataluna/Guia/ultra/Barcelona/elpepuespcat/20080110elpcat_24/Tes

Así mesmo quedan os enlaces do que eles consideran militancia activa, esperemos que se queden sempre con ese concepto:

http://www.youtube.com/watch?v=TSIL_fjDZGE

http://www.youtube.com/watch?v=UHlAz2ccvpk

http://www.youtube.com/watch?v=7GJ6xIijhc4&feature=related Este último non ten desperdicio, estetica e teoricamente.

Así mesmo non debemos esquecer todas as irregularidades cometidas polo sistema electoral nas pasadas Eleccións Europeas, en contra da candidatura de Iniciativa Internacionalista véndose favorecidas formacións como o MSR, en cidades como a nosa.

http://twitter.com/iniciativainter


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.