1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

leiradoconsultorioGaliza - PM/DL - [Pilar Míguez Rozados] En Leirado, ven de celebrar se unha reunión na que se convocou as oito parroquias (Corzáns, Meder, Vilacoba, Uma, Lira, Soutolobre, Lourido e Leirado) todas con servicio sanitario en Leirado, polo peche de dito consultorio situado en Leirado.


Na mesma informouse de un fax recibido por Arturo Grandal, alcalde de Salvaterra de Miño, no que se nos dí, que a Xerencia de Atención Primaria ratificase no peche do consultorio médico, sen ningunha explicación convincente para a veciñanza. Con o cal damonos conta que é mais unha das maniobras políticas que está levando a cavo o Partido Popular, aquí concretamente dirixido por Arturo Grandal, quen incumple o seu compromiso enganando as veciñas e veciños. Durante a campaña eletoral prometeu incluso melloras na citada consulta, poren fixo todo o contrario, levando a cabo o seu peche. Por este motivo denunciamos publicamente o Partido Popular que goberna en Salvaterra de Miño por engano electoral, e pedimos a dimisión pública da Diretora do centro médico de Salvaterra por desatender a población que vive lonxe do casco urbano, pois parroquias como Uma estan situadas a mais de vinte kilometros e non existe unha rede de transporte público que comunique a periférica con o centro do concello.

Leirado é unha parroquia que está situada estratéxicamente e conta con servicos como unha escola de Primaria, supermercado, ferreteria, farmacia, talleres, etc, ademais de situarse no centro de estas parroquias. Contamos un servicio de coche de linea para Ponteareas, pero ningun para Salvaterra que é onde queren que vaiamos as persoas doentes.

Basta xa con a política do PP que quere acabar con o medio rural e os servizos públicos, e que lles quede claro aos que lle corresponda, que a veciñanza unida está disposta a defender un servizo de máxima necesidade como é a sanidade pública e que nadie nos vai a deter. Queremos facer un chamamento público a unha concentración que terá lugar o vindeiro luns 25 de marzo na praza do Concello de Salvaterra de Miño, que coincidirá con o pleno de governo, onde esperamos que se aprobe, a reapertura do consultorio médico de Leirado, dotado das condicións técnicas suficientes que garantan unhas boas condicions laborais para o persoal sanitario e unha sanidade de calidade para as usuarias e usuarios.

Foto: BNG - Consultório de Leirado, em 2010.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.