1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

240313 fidelGaliza - Diário Liberdade - A morte, no passado dia 22 de março, do veterano militante nacionalista galego Fidel Diéguez Diaz levou as duas organizaçons políticas em que militou nos últimos anos a divulgarem comunicados de homenagem.


Reproduzimos a seguir os textos publicados polo Movimento Galego ao Socialismo (MGS), integrado no BNG, e polo Movimento pola Base (MpB), integrado em Anova.


MGS

Até sempre, camarada

Na mañá do 22 de marzo faleceu o noso compañeiro Fidel Diéguez tras loitar os últimos meses contra un cancro. A súa loita final, mesmo coñecendo como coñecía desde o primeiro momento cal sería o desenlace, foi un digno resumo da súa maneira firme e directa de afrontar as dificuldades e os reptos, tal e como fixo noutros ámbitos da súa vida e na súa dilatada militancia política. Desde moi novo foi sensíbel á inxustiza e o seu sentimento patriótico estaba lonxe de ser unha evocación folclórica. Xa aos 16 anos participa nos núcleos de nacionalistas en Madrid onde formou parte da Asociación Cultural Lóstrego, e se integra na AN-PG e na UPG, na que co tempo chegaría a ser membro do seu Comité Central. Militancia madrileña, tan activa nos 70 e primeiros 80, que compaxinaba coas súas escapadas á Reboira, no Concello do Saviñao, de onde era natural. Fidel forma parte desa xeración de militantes irrepetíbel, daquela mocidade que contra vento e maré, contra o franquismo e a esquerda española, construíron organizacións e dotaron de teoría política ao movemento nacional-popular galego.

Enxeñeiro de Telecomunicacións e mestre de profesión tivo unha intensa actividade sindical durante toda a súa vida, primeiro no Sindicato Obreiro Galego e na Unión de Traballadores de Ensino de Galiza, da que foi fundador, até a actual CIG. Co regreso a Galiza instálase definitivamente en Noia coa súa familia, onde foi Responsábel local do BNG e concelleiro en varias lexislaturas. Foron anos ilusión, de construcción e de erguer organizativamente unha comarca que sempre tivera tanta importancia para o nacionalismo galego e que nos duros anos 80 e 90 ficara mais ou menos desartellada. Activista cultural e lingüístico, destinou moitos esforzos e colaborou desinteresadamente con estas causas durante toda a súa vida.

Nunca fuxiu do debate nen lle tivo medo ao conflito, se era pola defensa das posicións que consideraba correctas, e así rebelouse contra a moderación e perda de perfil idelóxico da organización que tanto loitara por erguer. Nesa altura, xunto con outros núcleos de militantes do BNG, sindicalistas, activistas sociais e mocidade combativa participa na construcción dunha alternativa independentista e de clase no BNG, sendo escollido membro do seu Consello Nacional. Nos inicios participa activamente da Coordenadora Nacional do MGS, sendo das persoas que daba a cara cando ninguén daba un peso, algo que nunca lle soubemos agradecer como merecía.

A punto de cumprir 57 anos deixanos un militante, palabra que nalgúns casos como o de Fidel debera escreberse con maiúscula. Unha desas persoas que gastou as mans na defensa desinteresada dunhas ideas que hoxe queremos continuar como mellor homenaxe. Aqueles e aquelas que entendemos que a loita de clases e a independencia nacional de Galiza son caras dunhas mesma moeda perdemos un referente e gañamos un exemplo que tentaremos non defraudar.

Facemos un chamamento a asistir ao acto cívico que a súa familia organiza mañá sábado ás 13h no Cemiterio de Boisaca, en Compostela.


MpB

Até sempre compañeiro!

Hoxe recebimos a triste nova do pasamento de Fidel Diéguez Díez, quen foi no seu día un dos fundadores do Movemento pola Base e hoxe militaba no Movemento Galego ao Socialismo.

Fidel foi un militante da causa pola liberación nacional e social do Povo Galego que mantivo activo o seu compromiso desde a súa mocidade até os seus últimos días, en todos os eidos, en todas as frentes nas que fixo falta, desde o sindicalismo até a política institucional no concello de Noia, pasando polo activismo cultural e lingüístico. Militante da AN-PG e logo do BNG, fixo parte moitos anos da UPG e no ano 2006 deu paso de participar no artellamento dunha corrente independentista e comunista que foi desembocar na constitución do MpB, en cuxa expansión e consolidación deitou xenerosos e desinteresados esforzos.

Desde o MpB expresamos todo o noso agarimo para a súa familia e compañeiros de loita e sentimos a perda dun compañeiro que dedicou toda a súa vida á consecución dunha Patria ceibe e socialista.

Até sempre compañeiro!!


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.