1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

ecoarapresentacomGaliza - Ecoar - Nos últimos meses faise habitual ler ou escoitar nos medios de comunicación sobre novas mobilizacións por parte da cidadanía para reclamar, de forma pacífica, xustiza social e respecto aos dereitos e liberdades. En máis dunha ocasión, como tristemente sabemos, a resposta do Estado chegou en forma de violencia, exercida de xeito desproporcionado e brutal sobre un grupo de cidadáns e cidadás que, en representación de todas aquelas persoas que non estamos de acordo co rumbo que están tomando as cousas e coas medidas adoptadas polo Goberno, manifestaban pacificamente o seu desencanto e a súa negativa a perpetuar un sistema inxusto que permite que cada vez sexan máis as persoas que viven na pobreza mentres a minoría privilexiada segue aumentando as súas contas bancarias.


Nestas ocasións, a cidadanía (e con ela todo o que representa) é esmagada, golpeada e reprendida por facer uso do seu dereito á liberdade de expresión, a pesar de tratarse de actos de desobediencia exercida dende a responsabilidade e a reflexión. Unha desobediencia lexitimada pola coherencia coa ética persoal, o compromiso e a conciencia social da que fan gala as persoas que, con cada nova mobilización, se reúnen.

Neste contexto naceu fai xa algúns meses ECOAR))), Espazo de (Contra)discurso, Construción e Coordinación de Alternativas e Resposta social, unha plataforma cidadá que pretende funcionar como foro no que poder diagnosticar a realidade dende a pluralidade, definindo e propoñendo alternativas, promovendo a mobilización da cidadanía e traballando a prol dun sistema social xusto dende a cidadanía e dende Vigo. ECOAR))) será presentada á cidadanía o vindeiro 21 de marzo, ás 20:30h. terá lugar, no Teatro Ensalle de Vigo.

Nos últimos tempos son moitas as persoas que se congregan en distintos lugares para defender os seus dereitos, ignorando o medo que o Estado e as autoridades sementan na cidadanía con ataques inxustificados e represión violenta . É preciso seguir o seu exemplo e asumir dunha vez e para sempre que os nosos dereitos son inalienables e irrenunciables, e que é preciso loitar  pola súa defensa. Só a conciencia crítica e a adopción dun papel activo na nosa contorna nos permitirá avanzar cara a unha sociedade na que a equidade, a dignidade e a liberdade queden fora de toda cuestión. É tempo de posicionarse, de participar nesta loita pola destrución dun sistema inxusto, opresor e coercitivo. Cómpre defender os dereitos e liberdades de todxs nós.

Foto: Ecoar


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.