1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (5 Votos)

150113 laurabGaliza - Sermos Galiza - [Beti Vázquez] A fiscalía pide até seis anos de prisión por falsidade documental. A policía española eleva a petición de pena até oito anos ao teimar en que a activista trans e traballadora da CIG lidera unha mafia.


Esta cuarta arranca a vista oral dun xuízo que se adiará até a primavera. Centos de colectivos exixen o arquivo da causa.

Esta cuarta feira, 16 de xaneiro, a sindicalista da CIG e activista trans Laura Bugalho sentará máis unha vez no banco d@s acusad@s do xulgado de instrución nº1 de Compostela.

Prestará declaración canda outras oito persoas, todas inmigrantes, ao redor dun delito de falsidade documental continuada de documentos públicos, polo cal a fiscalía solicita entre tres e seis anos de cárcere.

Porén, o grupo operativo de estranxeiría da policía española sostén que o delito cometido pola activista é de trata de seres humanos, suposto en que Bugalho se enfrontaría a unha pena de entre tres e oito anos de prisión.

O caso foi pechado pola xuíza Ana López-Suevos xa na fase da instrución. Malia isto, a fiscalía presentou un recurso que foi admitido a trámite e en virtude do cal a activista sindical declarará como procesada nunha vista previa a un xuízo que se adiará, previsíbelmente, até a primavera.

Máis de 3 mil documentos para lles axudar a regularizar a situación

Na mesa dun bar, entrementres remexe un café, Bugalho recorda os feitos que a colocaron na postura en que hoxe se atopa. Após 21 anos de traballo con persoas inmigrantes que procuraban axuda no departamento de Migracións da central nacionalista, Bugalho di ter axudado a máis de tres mil persoas a obteren documentos como padróns, analíticas médicas ou avais para hipotecas. A finais de 2001 e comezos de 2002, os anos do 'corralito' na Arxentina, a sindicalista atendía pola volta de 40 persoas ao día.

É entre a documentación achegada para a regularización de catro persoas onde a policía di ter atopado os informes públicos falsificados. As catro persoas declararon durante a fase de instrución. Aínda que declaraban como testemuñas, chegaron aos xulgados con esposas e recibían instrucións á entrada da sala como "lembrade o que falamos, tendes que denunciar a Laura Bugalho".

A 'operación Peregrino' e unha acusación ateigada de sombras

Explica a sindicalista que a Lei de Estranxeiría dispón que se @ inmigrante é vítima dunha mafia, e a mafia é condenada, entón pasa a ter permiso de residencia. A policía española teima xustamente en que a traballadora da CIG lidera unha mafia. "Eu entendo que polos papeis, para rachar coa inseguranza administrativa, poden facerse moitas cousas, mais cómpre un mínimo de ética", denuncia Bugalho. Das catro testemuñas, unha "arrepentiuse" e recoñeceu que non fora a activista quen lle facilitara os papeis falsos. Foi expulsada do Estado español.

Naquela altura, en maio de 2009, coñecíase a bautizada como operación Peregrino: un empregado do centro de información para traballador@s inmigrantes de CC.OO. en Compostela, Messaoud El-Omari, foi detido e acusado de "asociación ilícita", "introdución ilegal de man de obra estranxeira" e "fraude". Canda el prenderon a Hadaoui Kayrou --en paradoiro descoñecido-- e os propietarios de catro empresas en Compostela e na Barbanza, vinculadas tres ao sector do metal --Miguel Ángel e Ramón Hermo Sánchez, e Ángel Baqueiro Meijide-- e unha ao agro --na granxa de Ángel García Espido a policía española atopou os traballadores durmindo na corte.

57 traballadores inmigrantes denuncian explotación laboral

Segundo a información feita pública daquela, a trama levaría cando menos 20 anos funcionando e o número de empresas implicadas podería andar pola volta das 40. Bugalho foi unha das persoas que acompañou a 57 traballadores marroquís a denunciaren a súa situación na Coruña, pois todos eles "manifestaban unha suposta conivencia de autoridades" que fan parte da escuadra policial en Compostela.

Os feitos denunciados destapounos un dos implicados, Rabia Dahmani, nunha entrevista concedida ao xornal Novas da Galiza en febreiro de 2010. Segundo explicou, os traballadores explotados por esta rede eran recrutados en Marrocos coa promesa dun emprego. Exixíaselles un pagamento de 10 mil euros, cuxa devolución reclamou Bugalho após ser a mafia condenada, mais que non lles foron devoltos a ningún dos traballadores. Se non os podían aboar, respondían coas súas vivendas.

Unha mafia de inmigración con 20 anos de actividade

Unha vez en territorio estatal os inmigrantes ficaban abandonados durantes semanas, aínda sen papeis, para seren despois reclamados polas catro empresas antes mencionadas para traballaren por menos da metade do que figuraba nas nóminas. En moitos casos o salario non superaba os 500 euros. Coñecedora da situación, Bugalho foi unha das persoas que apoiou e acompañou os traballadores explotados até A Coruña para denunciaren a súa situación, trasladándoos no seu carro particular até a comisaría.

Na súa declaración, Messaoud El-Omari tería citado a Manuel Fernández Nogueira, comisario xefe do grupo operativo de estranxeiría e profesor da USC, nomeadamente do Instituto de Criminoloxía fincado na facultade de Dereito. Referiuse a el como "un amigo dentro", corroborando as denuncias dos propios traballadores a respecto da "colaboración" entre a rede de explotación e a policía. A propia Bugalho di que, após ser detida en 2009, a conversa con Nogueira comezou cun "Laura, por fin collinte".

Espida e vexada por ser muller trans

Efectivamente, o proceso xudicial contra a sindicalista arrincou hai case catro anos, cando a detiveron 48 horas durante as cales denuncia ter sufrido malos tratos e vexacións relacionadas coa súa condición de muller trans. "Dixéronme que ficase espida e sinalando cara os meus xenitais repetían que 'antes era un 'chico bueno' e olla agora en que te convertiches'", recorda. Tamén fixeron mofa por ser ela galegofalante.

Nesas 48 horas, o ordenador que a sindicalista empregaba para traballar na CIG foille confiscado e del a policía española colleu os datos de 15 persoas que foron citadas sen orde xudicial e ameazadas con ordes de expulsión. Oito delas presentáronse para declararen. Tres denunciaron que non lles permitiron ler o seu propio testemuño, que tiveron que asinar obrigatoriamente. As oito pasaron de testemuñas e imputadas e declararán outra vez, canda Bugalho, esta cuarta feira.

Miles de sinaturas exixen o arquivo da causa

Malia ser ben coñecida na Galiza polo seu traballo en colectivos como o Foro Galego de Inmigración, TransGaliza, o movemento feminista, o seu traballo na CIG ou o independentismo, o apoio que a activista recibiu nos últimos meses chegou a través dunha campaña internacional posta en marcha desde a Rede Transfeminista en Euskal Herria.

Centos de colectivos reclaman o arquivo da causa e unha petición en change.org publicada na mesma liña acumula pola volta de 2 mil sinaturas. Para o 16 de xaneiro está convocada unha concentración de solidariedade ás portas dos xulgados de Fontiñas, en Compostela, a partir das oito e media da mañá, pois a vista oral arrincará ás nove. Consciente de que "o Estado español o único que quere é man de obra escrava", a sindicalista non está segura a respecto dunha resolución xudicial favorábel. Porén, reclama que esta "vendetta" remate "canto antes".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.