1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

247d37f6 39bf 40d1 97a6 80f05b2287a4Galiza - Diário Liberdade - A Plataforma Feminista Galega (PFG) previa umha performance hoje (28 de dezembro) polas 20:00 horas ao pé do MARCO, em Vigo, "porque nom morremos, somos assassinadas porque o machismo mata". No entanto, "devido à climatologia adversa" o coletivo comunicou no início desta tarde a suspensom do ato.


A cada ano aumenta o número de mulheres que sufrem a violência heteropatriarcal nas suas expressons mais extremas: os maus-tratos, a violaçom e o assassinato. O ano que termina foi especialmente cruel na cidade de Vigo, com vários assassinatos machistas

"A cada vez é mais necessário o compromisso de toda a sociedade com a luita feminista" e também "dos poderes públicos para garantir umha vida livre de todas as violências machistas" explicam da PFG. Por isso, da PFG enviavam "um chamado a toda a cidadania" para demonstrar "que nos queremos vivas". No entanto, o temporal que hoje deixa ventos de mais de 100 km/h e fortes chuvas em todo o país, forçou a suspensom da performance.

A convocatória da PFG ia acompanhada de um manifesto intitulado "Nom morremos, somos assassinadas, porque o machismo mata!", e que se reproduze a seguir na sua ortografia original:

O feminismo galego vimos manifestándonos dende hai moitos anos contra as violencias machistas e no 7 de novembro case medio millón de persoas de todos os territorios do estado nos manifestábamos en Madrid , a pesar do que atopámonos neste ano 2015 com 117 asasinatos no estado, dos que 11 forom na Galiza, polo terrorismo machista.

Cada ano incrementase o número de mulleres que sufrimos a violencia heteropatriarcal nas súas expresións máis extremas, o maltrato, a violación, o asasinato. Cada vez é máis necesario o compromiso de toda a sociedade coa loita feminista e dos poderes públicos para garantir unha vida libre de todas as violencias machistas.

No 7 de novembro os feminismos do estado convertemos a pluralidade en unión, asumimos a forza da diversidade e xuntamonos para protestar polas violencias machistas e para exixir que as mesmas sexan consideradas Cuestión de Estado. Organizacións feministas de todos os territorios do Estado conseguimos que a cita se convertese nun momento histórico de reivindicación do movemento feminista. A maioría da sociedade civil prestou o seu apoio ás reivindicacións e á mobilización convocada polo feminismo.

Ese ten que ser o camiño, campañas de accións consensuadas e coordenadas encamiñadas á erradicación de todas as formas de violencia cara ás mulleres e as nenas así como a promoción de políticas de Igualdade reais entre homes e mulleres.

O feminismo hai anos que temos incluido nas nosas axendas a exixencia de que a loita contra o feminicídio sexa inxerida nas axendas da vida política. Levamos anos exixindo que deixen de utilizar as nosas reivindicacións para tratar de tirar rendemento político e se impliquen. As vulneracións de dereitos específicos que nos ocorren polo feito de sermos mulleres precisan de compromisos moi concretos. Un deles é o dereito a vivirmos unha vida libre de violencias machistas, unha emerxencia social que fai que o número de asasinatos aumente con cada recorte do goberno de turno. Agora toca seguir loitando para que se retraten con programas reais, con accións non promesas.

Denunciamos a violación sistemática do noso dereito fundamental á vida e á dignidade humana recollidas na declaración dos dereitos humáns e insistimos en cales son as nosas exixencias:

  • Que a loita contra o terrorismo machista sexa unha cuestión de estado.
  • Que se desenvolva e implemente o Convenio de Istambul e o cumprimento das recomendacións da CEDAW, e se reforme a lei 1/2004 para que estean reflectidas todas as formas de violencia contra as mulleres.
  • Que toda a sociedade e as súas organizacións e institucións se comprometan nesta loita.
  • Que a loita e os recursos inclúan tanto a violencia que exerce a parella ou ex-parella como as agresións sexuais, o acoso sexual no ámbito laboral, a trata con fins de explotación sexual/laboral de mulleres e nenas e todas as violencias machistas.
  • Que todas as instancias de goberno comprométanse realmente na prevención e erradicación das violencias machistas, así como na asistencia e reparación de todas as mulleres en situación de violencia, independentemente da situación administrativa en que se atopen as mulleres.
  • Que o acento se poña na protección das afectadas, facilitando diferentes saídas que impliquen unha verdadeira recuperación vital, económica e social delas así como das suas crianzas.
  • Que a prevención sexa unha política prioritaria, que inclúa un sistema coeducativo en todos os ciclos, a formación específica para todo o persoal profesional que intervén nos procesos, os medios de comunicación, a produción cultural e a sociedade civil na loita contra as violencias machistas.
  • Que os medios de comunicación comprométanse a facer tratamento adecuado das diferentes violencias machistas, visibilizándoas, evitando o sensacionalismo morboso no seu tratamento e utilizando unha linguaxe e unhas imaxes non sexistas.
  • A eliminación da custodia compartida imposta e o réxime de visitas aos menores dos maltratadores condenados. A retirada e non cesión da patria potestade aos maltratadores. Desde a Plataforma Feminista Galega adquirimos o compromiso público de loitar pola erradicación das violencias machistas e denunciar as suas complicidades.

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.