1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

conasceiveslogoGaliza - Conas Ceives - Porque temos dereito a ter o control dos nosos medios de producción, precisamos servizospúblicos, reivindicamos a nosa soberanía nacional como pobo que somos e queremos a igualdade na nosa terra. Estas son algunhas das razón que levan a convocar o vindeiro domingo 3 de marzo, en Compostela, unha manifestación nacional que a agrupación feminista da Amaía Conas Ceives secunda.


O feminismo é o movemento que defende a igualdade de sexos, e de sexualidades, xunto a liberación de xéneros, enfrontándose ás desigualdades políticas e sociais. Nós, nesta manifestación do 3 de marzo, queremos levar a loita pola igualdade a tódolos ámbitos da nosa vida, dende os dereitos individuais como mulleres aos dereitos colectivos como pobo galego.

Conas Ceives nace da idea de que tódalas persoas merecen que os seus dereitos sexan, non só respetados, senón tamén protexidos e reivindicados. O valor da defensa dos dereitos humanos no seu encontro coa realidade dá lugar ao feminismo, á loita contra un sistema patriarcal que insiste en inferiorizar todo o que leve na súa esencia o feito de ser muller ou unha etiqueta de feminino. Reivindicamos a soberanía nacional onde tódolas persoas teñen o dereito a decidir e aformarse como pobo. E esiximos unha forma de goberno que promova a igualdade social e garanta as liberdades e os dereitos cidadáns tales como o dereito a educación, a sanidade ou a vivenda.

NON PODEMOS CONSENTIR que unha débeda privada, non xerada polo pobo, sexa derivada e transformada en débeda pública para que a paguemos toda a sociedade e non os sectores empresariais. Non podemos consentir os desfiuzamentos, os ataques policiais cara a cidadanía, a corrupción política, a criminalización dos movementos sociais, a incomunicación e dispersión das persoas presas galegas. Temos dereito a ser iguais e libres e son horas de esixilo!
A situación socio-política e económica do país galego é froito dun sistema decadente na que a resposta debe vir da man dunha forte, unida e organizada presión social. Deste modo, a loita contra o sistema imperante atopa no movemento feminista a súa plenitude xa que a defensa dos dereitos políticos e civís sempre foron o alicerce e a base da construcción deste movemento. Por esta razón, non só animamos a tódalas persoas feministas a unirse a nós este 3 de marzo senón tamén convidamos a todas as que traballan na defensa dos dereitos das persoas e os dereitos do pobo a que desenvolvan e expandan a súa loita dentro do movemento feminista. Se un Estado non recoñece nin garante os dereitos ao 50% da súa poboación, como nos ocorre as mulleres, xamais poderá decirse del que é democrático.

As feministas temos un importante espazo que ocupar nesta loita contra o capital e contra o patriarcado. Por iso cómpre esixir os dereitos que nos son propios XUNTAS, coas nosas forzas UNIDAS, coas nosas ideas ORGANIZADASe as nosas voces FORTES. Conas Ceives únese á MNG e outras organización feministas do país para conformar #FeministasEmResitência.

Esta é unha loita de todxs! Animamos a tódalas persoas que queiran organizarse ao noso carón, e que decidan non estar quietas ante un sistema capitalista e patriarcal, que nos choucha o noso carácter de persoas e de pobo, a difundir a convocatoria, á saír á rúa e facer súa esta proposta.

XUNTAS PODEMOS! AVANTE MULLERES LIBRES NA PATRIA LIBERADA!

AVANTE CONAS CEIVES! AVANTE #FEMINISTASEMRESISTÊNCIA!

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.