Por volta de 70 persoas acompañaron os traballadores demandados pola empresa para declarar ilegal a greve convocada en novembro de 2015. Grazas a esta mostra de solidariedade e unión, a empresa vén de retirar a demanda.
Como xa indicamos noutras ocasións, PSA-Citroën utiliza os xulgados do social contra os dereitos do cadro de persoal e contra a ferramenta da greve, especificamente, como lexítima vía de reivindicación dos dereitos laborais.
Polo momento, PSA non continuará co pleito e frea esta ofensiva. Porén, de continuar a estratexia de persecución e agresión aos medios de defensa das traballadoras e traballadores, CUT-Citroën persistirá a mobilización e a organización da protesta.