1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

ecoarjornadasttipGaliza - Ecoar - Ecoar lanzou onte (02/02) unha campaña de crowdfunding para financiar as xornadas.


Dende Ecoar))) están quentando motores para as xornadas "RECUPERAR SOBERANÍA, DESARMAR O TTIP", sesións abertas a toda a cidadanía que se realizarán entre o 23 de Marzo e o 16 de Abril en Galiza (A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo) no marco da campaña global STOP TTIP. Estas xornadas terán como punto central a análise e difusión das nefastas consecuencias que teñen os tratados de libre comercio (TTIP, TISA, CETA...) sobre as persoas e a biodiversidade. Entre as persoas que participarán como poñentes destacan grandes nomes como Susan George, Arcadi Oliveres ou Florent Marcellesi. Ademais das charlas, as xornadas contarán con diferentes eventos (videodebate, proxeccións,...) en diversas localizacións. Estas xornadas enmárcanse dentro da campaña global que se desenvolverá a nivel mundial e que terá o seu peche o día 18 de abril co Global Action Day.

Por este motivo, lanzaron onte unha campaña de crowdfunding en Goteo, co obxectivo de contribuír ao financiamento de ditas xornadas. Asi mesmo, nos vindeiros días ECOAR))) activará un blog específico para que todos aqueles colectivos e asociacións que estean preparando algunha actividade relacionada co TTIP poidan compartir os seus eventos e propostas, no enlace  https://recuperarsoberania.wordpress.com.

As xornadas son abertas a toda a cidadanía, onde se analizarán polo miúdo as características, orixe, alternativas e consecuencias dos Tratados de Libre Comercio (TTIP, TISA, CETA,...). Comprenden un ciclo de 4 conferencias e unha videoconferencia realizadas por especialistas de diversos eidos, así como actividades de diferente tipo (videodebate, charlas, proxeccións,...) levadas ao cabo por distintos colectivos e espazos.

O programa das xornadas é o seguinte:

Xoves 26 de Marzo de 2015 (Vigo)

Conferenciante: Susan George (activista, escritora, científica socio-política e presidenta da Xunta do Transnational Institute (TNI)



Sábado 4 de Abril de 2015 (Vigo)

Conferenciante: Albano Dante Fachín (activista e editor de Café amb Llet)

Xoves 9 de Abril de 2015 (Santiago de Compostela)

Conferenciante: Ricardo García Zaldívar (activista, Doutor en Economía, profesor na Universidad Carlos III Economía e Presidente de Attac España)

Martes 14 de Abril de 2015 (A Coruña)

Conferencia: Arcadi Oliveres (activista, pacifista, Doutor en Ciencias Económicas e profesor na Universitat Autònoma de Barcelona).

Data por confirmar

Videoconferencia: Florent Marcellesi (investigador, político e activista ecoloxista, europarlamentario por EQUO)

Recuperar Soberanía, desarmar o TTIP” pretende, ao tempo, xerar un punto aberto onde, ademais de informarse, as persoas poidan participar e debater sobre os Tratados de Libre Comercio e todo o que os rodea, especialmente sobre o TTIP. As xornadas ademais contarán cun espazo web aberto (https://recuperarsoberania.wordpress.com), onde todas aquelas persoas e colectivos que queiran poderán inscribir todos os eventos, iniciativas e accións que se vaian realizar en relación aos Tratados de Libre Comercio durante as datas que duren as xornadas.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.