Os traballadores están en folga indefinida desde o pasado 13 de outubro (casi catro meses), dada a intención da empresa de desfacerse de 1.914 compañeiros, entre fixos, temporais e autónomos. Ademais, pretende unha rebaixa de entre o 20 e o 40 % nas retribucións dos que queden.
Nestes momentos, os compañeiros de Panrico precisan máis que nunca a solidariedade e o apoio de todos extendendo e difundindo o boicot. Tamén necesitan o apoio para a caixa de resistencia que teñen creada co número de conta 2100 3161 38 2200094458.
Comité Local da CGT da Coruña