1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

isoluxGaliza - CUT - Os traballadores e traballadoras dos estacionamentos das rúas Venezuela, Coruña e Praza de Fernando El Católico, denuncian publicamente á empresa concesionaria, ISOLUX CORSÁN Gómez Ulla, polo incumprimento reiterado das condicións que formalizaron co Concello de Vigo para a transmisión da explotación dos citados estacionamentos e o CONCELLO DE VIGO POLA DESATENCIÓN E DESINFORMACIÓN CARA OS TRABALLADORES POLA FALTA DE RESPOSTAS ÁS RECLAMACIÓNS INTERPOSTAS POLO REXISTRO DO CONCELLO.


Cinco meses despois de solicitar unha xuntanza co alcalde para informarlle das anomalías da concesionaria e solicitar por escrito o priegue de condicións de dito contrato, o 24 de setembro recibiunos o concelleiro Santos Héctor. Tras a xuntanza o concelleiro acordou porse en contacto con nos en breve e dar solucións a situación e os atropellos que os traballadores/as e @s usuari@s dos estacionamentos sofremos. Tres meses despois e tras varios intentos de retomar a comunicación so temos a indiferencia por resposta. Ante esta situación a plantilla decidimos comezar unha campaña de mobilizacións para denunciar ante a cidadanía o conflicto que vivimos, a ver si desta volta tanto o concello como a empresa cumpren o acordado por contrato.

ANTECEDENTES:

No ano 2011, o Concello de Vigo esixía, entre as condicións para a concesión, que a empresa asumira o pagamento das débedas pendentes e subrogase ao persoal que traballaba nos tres estacionamentos. Dous anos despois denunciamos que xa van 4 traballadores despedidos xunto coa desaparición da quenda da noite dos tres estacionamentos. Entendemos claramente que a implantación na quenda da noite e das fins de seman na quenda diurna da telexestión, que se traduce en que unha persoa desde Toledo controle as cámaras dos 44 aparcamentos en todo o estado, xunto coas argumentacións dos despedimentos e a a valoración tan positiva por parte da empresa de substituir os traballadores e ás traballadoras polo sistema de telecontrol, expresada nas cartas dos despedimentos, lévanos a afirmar o seguinte:>

– A mecanización da empresa vai ser progresiva en detrimento dos postos de traballo.

– A desaparición da quenda da noite implica desanteción e inseguridade para os usuarios e usuarias do servizo

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.