1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

27093 casalGaliza - Galiza Confidencial - Os días da abundancia capitalista tocan o seu fin. A crise que padecemos é o inicio dunha mudanza global que chegará nos vindeiros anos cando o petróleo deixe de engraxar a maquinaria deste sistema.


Manuel Casal Lodeiro é o secretario da asociación Véspera de Nada e a persoa que está a coordenar a publicación da "Guía para o descenso enerxético" da que xa demos conta en GC. Esta obra pretende servir para a preparación colectiva do pobo galego diante dun suceso histórico como é o teito ou cénit da extracción mundial de petróleo, o que se coñece en inglés como o Peak Oil.
 
A guía conta coa supervisión do profesor de Economía na USC e experto no tema do "peak oil" Xoán Ramón Doldán, ademais da participación doutros membros da asociación e diversos expertos. Casal Lodeiro explica nesta entrevista como será a Galicia que nos espera, cando o petróleo xa non chegue para todos e como vai afectar esa mudanza a galegas e galegos, comezando por el mesmo.
 
Así explica que o mundo que agora coñecemos, cun determinado escenario económico e social marcado polo capitalismo, pola industrialización e un sistema financeiro baseado na débeda, deixa de ser posible cando o petróleo deixa de chegar en cantidades sempre crecentes, como foi a norma na Era do Petróleo, ou "Era da Abundancia".

Os días da abundancia xa acabaron

Despois deses "días de moito" que se desfrutaron excepcionalmente durante apenas un par de xeracións, chega a "véspera de nada" como di o refrán galego que usaron nesta organización para se daren nome. De todos xeitos, o que apunta Casal que imos ter no país pode ser "suficiente", se tomamos nota do que está a pasar en realidade. Iso sempre e cando "acertamos no diagnóstico", segundo apunta el mesmo. 
 
O obxectivo é prepararnos ante a "mudanza de proporcións históricas" que temos por diante. "O momento é agora", suliña,  xa que a crise actual non se pode explicar sen ter en conta o pico dos prezos debido a ese teito na produción mundial de petróleo que se vén de superar, segundo os datos da propia Axencia Internacional da Enerxía. E o que fai que non se poida saír da crise para volver ao anterior é precisamente esa situación inédita e irreversible, na que a oferta de petróleo se comporta de maneira inelástica, é dicir, a maior demanda non hai máis produción senón que os prezos se disparan a niveis sen precedentes, e comeza a tentarse botar man dos peores tipos de petróleo, os máis difíciles, contaminantes e de peor contido enerxético.

Un sistema económico "agónico"

"O sistema está agoniando", opina Casal Lodeiro. Por iso suliña que cómpre mudar a sociedade sen esperar máis, sen agardar instrucións desde os gobernos ou desde o poder económico, "en primeiro lugar porque non lles interesa que a xente se prepare para vivir sen depender deles", afirma.
 
Por iso consideran vital para o país camiñar cara a autosuficiencia das comunidades locais, obxectivo ao que apunta a súa Guía para o descenso enerxético, cuxa campaña de "crowdfunding" en Verkami está a ser toda unha sorpresa: levan xa máis do 40% recadado en apenas unha semana de campaña. Esperan que a Guía estea nas mans de todas as persoas interesadas e que apoien a campaña, para o mes de novembro e que a partir de aí se comecen formar "xermolos da transición urxente que precisamos" en todos os puntos do país.
 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.