1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

121129 leiteGaliza - Dioivo - "A un gandeiro ou a unha gandeira deste país sáelle máis barato comprar un cartón de leite no súper que producilo na súa propia explotación". A frase, do xornalista Henrique Mariño (@solucionsalina), condensa á perfección os consabidos motivos da folga, que hoxe cotinúa a súa segunda xornada.


O prezo ao que cobraba un gandeiro o leite hai un ano descendeu en tan só 12 meses un 17% e pasou dos xa sucintos 0,34 céntimos por litro a 0,28 (que poden alcanzar os 0,30 no caso das explotacións con producción superior a cen toneladas), mentres os cereais, os pensos, encareceron un 35% -de 0,27 a 0,37 o quilo- e os custos do combustíbel alcanzaron máximos históricos ao pasaren de 0,87 a 1,10 euros.

Agás en menos dun 20% de granxas que asinan un contracto coa industria, os prezos fíxanos unilateralmente as lácteas. Esta folga persegue un compromiso da industria e a distribución para poder vender o leite nas mesmas condicións que no resto do Estado, algo que non se está a producir. “Levamos 40 meses cobrando menos que os productores de España”, quéixanse os voceiros agrarios. Tamén a diferencia con Europa é sensíbel: en Francia, o litro pagouse a mediados de ano a 32 céntimos e en Italia a 41,5 céntimos. 

DENUNCIAN PRESIÓNS DOS INSPECTORES NA 2º XORNADA DE FOLGA, SECUNDADA POR UN 95% DO SECTOR

Moi avanzada a segunda xornada de folga, unhas 12.000 toneladas de leite non serán vendidas. Segundo os voceiros dos sindicatos gandeiros, o paro segue a se desenvolver con “normalidade”, agás as "presións" por parte dalgunha empresa, "con nocturnidad e alevosía", e as dos inspectores "que lle están  a dicir aos gandeiros que noutros lugares se está a entregar o leite ou que de tirar o leite lles van a mandar a garda civil", aseguran. E aseguran tamén que "os gandeiros que non secundaron foron case insignificantes, sobre un 5% e ademáis moitos deles son productores que por diversas razóns non son representativos do problema de custes que están a padecer a gran maioría".

O leite que se está a tirar supón unha perda duns 4 millóns de euros para os productores. "Porén -segundo os voceiros de gandeiras e gandeiros galegos aunados nos sindicatos UUAA, SLG e XXAA- para a industrias as perdas son insignificantes, dado que eles non se están a tirar cos seus ingresos, e sempre lles queda traer o leite de Portugal ou Francia, tal e como fan a cotío".

Por outra banda, a alternativa sobre que facer co leite que se desbota é complicada, xa que a lexislación vixente sobre o non procesado impídelle ás explotacións doalo a bancos de alimentos. 

En canto a eventuais altercados, informa Europa Press de Lugo que case un centenar de gandeiros concentrouse hoxe ante a nave de Leite Río no polígono industrial do Ceao, en Lugo, para impedir que saísen camións a recoller leite.

Representantes dos sindicatos convocantes SLG, UUAA e XXAA e e outras organizacións que respaldan, como a Fruga, foron contundentes onte en roda de prensa: “As nosas explotacións canto máis producen máis perden. É unha situación kafkiana, contraria ao sentido común. Non podemos entender como algo tan importante, 11.000 granxas, comarcas que viven case dese sector, algo que xeneral tal vertebración social, tanto territorio, se trate como algo baladí. Hai problemas estructurais do sector lácteo que se poderán solucionar a máis longo prazo, pero esta situación concreta que nós reivindicamos agora debe solucionarse a curto prazo, para poder vender por enriba do que nos custa producir. Penso que non pedimos moito, é unha petición á desesperada porque se isto segue así, o sector lácteo entrará nunha folga de entregas permanente porque terán que pechar as portas antes da primavera a metade das explotacións”.

Hoxe ou mañá coñeceremos a palabra de Medio Rural e industria. Se non se chega a un acordo na reunión que está a ter lugar coa Xunta e responsábeis das industrias, os gandeiros pretenden "iniciar outro tipo de presións”. 

QUE PODEN FACER OS COSUMIDORES?

Como poden os consumidores apoiar os gandeiros e gandeiras galegos; o mercar leite 100% galega abonda? En opinión dos representantes do sector: “Non. O da etiqueta Galega100% é toda unha operación política de Feijoo que non serve para nada”. A campaña Galega100x100 -cuxo eslógan ‘Marca a diferencia’, por certo, comete un erro lingüístico, pois sería diferenza-, inclúe, segundo a web, a Feiraco, Unicla (tamén de Feiraco), Muuu, Larsa e Deleite. Pero únicamente Feiraco nas súas dúas modalidades paga un prezo digno polo leite. Daquela, cales son as recomendacións? En xeral, segundo o colectivo de gandeiros e gandeiras en folga, o recomendábel é non comprar nunca cartóns por un prezo inferior aos 0,80 céntimos e que, polo momento, que sexan de Feiraco ou leite Pascual, así como queixos Entrepinares.

Mentres, algunhas grandes superficies seguen a regalar leite, como no caso do novo supermercado do novo Centro comercial As Cancelas de Santiago de Compostela no día da apertura, ou a faceren ofertas 3x2 como a da imaxe, tomada hoxe por un tuitero. 

O hashtag de twitter para a xornada de hoxe é: #oruralenloita Con el desexan chegar a Trending Topic para visibilizar o problema tamén fóra da comunidade.

E exite unha iniciativa de recollida de sinaturas en Change.org impulsada por Filipe Díaz para que Jordi Evole faga un programa especial de Salvados sobre o tema.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.