1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

150812 coremanGaliza - CNT - CNT Compostela concentrouse o pasado luns ás portas de Coremain, no parque empresarial Costa Vella.


O motivo é o ERE que vai supoñer o despedimento de 27 traballadores, 6 deles en Madrid e 21 en Compostela, ademais da disminución dos salarios e o empeoramento das condicións laborais do resto de traballadores.

ERE amparado nas medidas escravistas adoptadas polo goberno, pois ao mesmo tempo que despide e reduce salarios, Coremain emprega bolseiros sen salario para cobrir eses postos e outros.

O comité de empresa convocou para o martes 14 unha asemblea na que informar aos traballadores de decisiones xa tomadas, aceptando así, como é habitual no sindicalismo subvencionado, as medidas que pretende impoñer o empresario e pervertindo así o verdadeiro sentido da asemblea.

Non só iso. O comité de empresa de Coremain sabía hai xa tempo os nomes dos 21 despedidos en Compostela e non só non informou ás traballadoras e aos traballadores, senón que aceptou participar de boa gana no xogo dos explotadores.

Por iso, CNT concentrouse para que as traballadoras e traballadores de Coremain asistan o martes á asemblea con toda a información que o comité de empresa lles negou.

Basta de contos!
NON AO ERE EN COREMAIN!


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.