1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

070610_feijoGaliza - CIG - A área pública da CIG ven de facer público o seu rexeitamento á aplicación en Galiza das medidas, aprobadas pola mínima no Congreso, para reducir o déficit.


Lonxe diso anúnciase a aplicación íntegra do decreto cunha redución salarial do 5% para funcionarios e persoal laboral e que tamén estarán afectados os empregados e empregadas públicos dos entes dependentes da administración. López Santamariña cualifica de "covarde" a actitude de Núñez Feijóo, por ampararse no decreto estatal para dicir que teñen que aplicalo, cando a Xunta de Galiza tería capacidade, se quixera, para minimizar o seu impacto

Para as federación da área pública da CIG esta decisión é inadmisíbel, toda vez que desde a Xunta se poderían facer recortes en moitas materias antes que facer pagar a crise e o déficit aos empregados/as públicos/as. A secretaria nacional de CIG-Administración comeza pola anulación do Plus dos Altos Cargos e segue coa redución dos múltiples gabinetes e asesores ou a redución destas figuras que teñen neste momento tamén os superdelegados.

Desde a área pública da CIG tamén se propón reducir os gastos en publicidade institucional, nomeadamente no millón de euros que se vai destinar a vender o decreto de plurilingüismo; o parque móbil ou as enormes cantidades que se embolsan os representantes da administración por aparecer na infinidade de Consellos de Administración nos que participan.

Diante desta situación, a CIG fai un chamamento a participar na folga convocada en toda a área pública para o vindeiro día 8 de xuño, porque do seu éxito depende que se poida frear a imposición destas medidas e evitar que se introduzan outras aínda máis lesivas, non só para a función pública senón mesmo para o conxunto da clase traballadora.

Manifestacións convocadas para o 8 de xuño

A CIG ten convocadas para o día 8 de xuño, coincidindo coa folga no sector público, manifestación simultáneas en todas as comarcas.

Santiago. Saída da Para do Toural ás 11:30 horas.

A Coruña. Saída da Praza da palloza, ás 11:30 horas.

Ferrol. Saída de Eduardo Pondal, 41-43, ás 12:00 horas.

Pontevedra. Saída da Praza da ferrería, ás 11:30 horas.

Lugo. Saída da Ronda da Muralla, 58, ás 12:00 horas.

Ourense. Saída do Pavillón dos Remedios, ás 11:30 horas

Vigo. Saída da Doblada, ás 11:30 horas.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.