1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

compostelaabertaculturaGaliza - Compostela Aberta - Co novo ano, Compostela Aberta reafirmouse no seu obxectivo de "ser a ferramenta da cidadanía de Compostela para presentarse ás eleccións e devolverlle o concello á xente, cun modelo de goberno baseado na apertura, a participación e a radicalidade democrática".


Foto de Compostela Aberta - Assembleia de Compostela Aberta à Cultura.

O martes 20 de xaneiro (20:30h, Hotel Virxe da Cerca) celébrase unha nova asemblea aberta para:

  1. Informar sobre as xuntanzas con partidos políticos e colectivos sociais. A rolda de contactos cos partidos iniciouse cos encontros con Podemos e CxG a semana pasada, con datas confirmadas para as conversas con Esquerda Unida, Anova, BNG, …

  2. Debater e aprobar o código ético, baseado no código ético de Guanyem Barcelona.

  3. Revisar e aprobar das modificacións esixidas polo Ministerio de Interior para a legalización de CA.

  4. Informar sobre os grupos de traballo temáticos. O primeiro deles, “Compostela Aberta á Cultura”, reunise o xoves 15 de xaneiro, coa asistencia de más de 30 persoas interesadas en converter a cultura nun  O xoves 22, martes 27 e xoves 29 celebraranse as asembleas de “Urbanismo e Mobilidade”, “Sustentabilidade Ambiental” e “Universidade e Ensino”, respectivamente.  

Os debates de confluencia coas diferentes forzas políticas, a recollida da visión da cidade polos colectivos sociais e as xuntanzas de traballo dos grupos temáticos centrarán a actividade do movemento cidadá nas próximas datas.

Compostela Aberta invita a toda a cidadanía de Compostela a asistir ás asembleas, debates e grupos temáticos, para seguir construíndo o futuro modelo de goberno da cidade entre todas e todos.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.