1ª Esiximos a inmediata disolución do Concello de Compostela e anunciamos que, no caso de non se producir decisións neste sentido nun prazo breve, convocaremos á mobilización veciñal para adoptar medidas de presión que conduzan a ese obxectivo. É de todo punto de vista inaceptábel que individuos con varios procesos xudiciais abertos por delitos de tráfico de influencias con empresas privadas, prevaricación, acosa moral, etc. xestionen o diñeiro público de todas as compostelanas e compostelanos.
2º Reivindicamos a apertura dunha investigación a fondo, cunha fiscalización veciñal independente, que permita clarificar, e no seu caso sancionar, as relacións que nestes últimos 20 anos tivo o Concello de Compostela con distintas empresas privadas e que viñeron favorecidas pola crecente privatización do concello.
3º Políticos corruptos, empresarios voraces sen escrúpulos e, sobre todo, un marco legal que posibilita e facilita a depredación do erario público por ambos e a privatización progresiva das institucións municipais son os responsábeis últimos desta situación. A legalidade que hoxe permite que a contratación de servizos con empresas privadas non se teña que ater en moitos casos a concursos públicos e regrados é o burato negro aproveitado polos corruptos.
Reiteramos a nosa disposición a medidas de presión na rúa se, nas próximas horas, non se dan pasos concretos e efectivos na separación dos cargos municipais imputados das súas responsabilidades no Concello e na disolución deste, por carecer nestes momentos de calquer lexitimidade.
Foto: Candidatura do Povo