1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

130216 espadasGaliza - Praça - Cadea para Ángel Espadas. A xuíza que instrúe a operaciónPokemon decretou o ingreso en prisión de Ángel Espadas, ex concelleiro en  Santiago e ex asesor do ex alcalde Gerardo Conde Roa.


Está acusado de prevaricación, uso de información privilexiada e suborno, segundo aseguran varias fontes xurídicas, e fora apartado das listas dos conservadores por ser sorprendido ao volante do seu coche durmido e baixo os efectos do alcol. Atópase en Teixeiro en prisión preventiva.

A xuíza Pilar de Lara tamén enviou ao cárcere de Bonxe ao delegado de Aquagest na capital galega, José Luis Míguez, que decidiu non declarar. Os delitos que se lle imputan son suborno, tráfico de influencias e revelación de segredos.

Pola súa banda, o edil compostelán de Mobilidade e Seguridade Viaria, Albino Vázquez Aldrey (PP), non coñeceu a súa situación provisional ata que non culminou a declaración de Espadas, pero quedou en liberdade baixo fianza de 15.000 euros e cos cargos de suborno e tráfico de influencias. Jesús Fuentes, o promotor galego de eventos culturais, quedou en liberdade e sen medidas cautelares, aínda que está imputado tamén por un suposto delito de tráfico de influencias.

Na operación Pokemon, que comezou nun xulgado de Lugo, investígase a existencia dunha suposta trama para obter concesións e contratos públicos en varias cidades, que na súa segunda faseManga, non só se cingue ao territorio galego, senón tamén a Asturias e Cataluña.

O número de imputados xa supera os trinta, moitos deles políticos, e o epicentro das investigacións está no Grupo Vendex e as súas distintas filiais. Agora tamén en Aquagest e GRS Arc Local.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.