O grupo hacktivista transnacional Anonymous atacou hoxe a páxina web do PP de Burela (Lugo).
Os hackers bloquearon o acceso aos contidos do sitio www.ppdeburela.es e deixaron na páxina principal varias mensaxes reivindicativas en texto e vídeo, e unha imaxe dunha caveira pirata co aviso "Website hacked".
O autor (ou autores) deste ataque colocaron na páxina web a mensaxe "El pueblo está cansado de los engaños y las mentiras de los gobernantes!". O aviso vai acompañado dunha mención a varios usuarios de Twitter partidarios do hacktivismo:
"Saludos a mis hermanos @anonver @AnonymousPeru @Bola8s @JHONNTOX @TrezzeSH @2nip3rKin5 @Over9KExpectUs @OperationItaly @anon_n0n3 @lord_texter @santonymous @Anon_Info_Ops @LegionJJ @YourAnonNews_Es @anon_cancun @McST0NE @BlackHackersPro @IndependenciaMe @Anon_OpItaly @NewbiesHacker @LatinHackers @CompartanLinks @EspectroAnonimo @Sector404 @anonuniversal @Sector404MX @AnonEcOp @Anon_Info_Ops @anonopshispano A mis seguidores y a todos los que estan viendo la pagina!".
Outra das mensaxes que se poden ler é:
"Ya no más!!!! El pueblo exige justicia y equidad!. La revolución se ha iniciado. El pueblo unido jamás será vencido".
Anonymous engadiu tamén un dos lemas máis populares na Rede deste movemento dehackers:
"Somos Anonymous, somos legión, no olvidamos, no perdonamos, espéranos".
Outras consignas que se deixaron na web do PP de Burela foron: "No somos solo un equipo, somos una familia, no apoyamos a partidos políticos" e "Levanta tu voz, no te calles".
Ao final da páxina, nun aceno retranqueiro, Anonymous envía tamén unha mensaxe detranquilidade aos administradores e propietarios da páxina web: "Admin tranquilito que no borré nada".
Ademais, na cabeceira da páxina colocaron o seguinte vídeo reeditado coa mensaxe para o#12M15M co gallo do primeiro aniversario do movemento 15M.
O PP galego no punto de mira
O ataque de Anonymous ao PP de Burela non é o primeiro que realizan ás páxinas dospopulares en Galicia. Xa o pasado mes de febreiro apareceu hackeado o sitio web do PP de Foz.
Daquela, os hackers lanzaron mensaxes a través dun vídeo como "Xulgades aos xustos, declarades inocentes aos corruptos” ou “Indultades aos banqueiros aos que seguides regalando cantidades inxentes do diñeiro de todos". E sinalaba aos membros do goberno de Rajoy de ser os "culpables da maior prevaricación da historia", e mesmo os cualificaba de "psicópatas".
Ataques no Reino Unido
Este hackeo da páxina do PP de Burela coincide cunha serie de ataques DDoS que Anonymous iniciou hoxe no Reino Unido contra varias páxinas do Goberno británico. Os ciberactivistas conseguiron bloquear temporalmente as páxinas do Ministerio de Xustiza e do Primeiro Ministro nunha operación chamada en Twitter #OpFreeAssange (“Operación Liberar a Assange”), en defensa do fundador de WikiLeaks, refuxiado na embaixada de Ecuador para evitar a súa extradición a Suecia.
Foto: GC

