Galiza - Jornal da Galiza - O narcotraficante galego, a piques de saír libre, asegura que colaborou economicamente coa Alianza Popular de Manuel Fraga e a UCD de Adolfo Suárez
Laureano Oubiña suma 10 anos preso por delitos de narcotráfico, do que foi a cara máis coñecida tras a operación Nécora dirixida por Garzón. A poucos días de quedar libre, o 'capo' di nunha entrevista concedida na 'Vanity Fair' que el axudou ''a financiar os partidos de Fraga (Alianza Popular) e Suárez (Unión de Centro Democrático) con diñeiro do contrabando''.
A través dun cuestionario, Oubiña non cala e aborda multitude de temas, coma a súa 'guerra' contra políticos e xuíces. "'Xamais subornei nin a uns nin a outros. Pero a finais dos anos setenta, cando pasamos á democracia que din que vivimos, axudei a financiar a Alianza Popular, do señor Fraga, e a UCD, do señor Suárez. E igual que eu o fixeron moitos empresarios máis que estabamos metidos no contrabando de tabaco''.
''Seguirei querelándome contra os xuíces que o merezan, aínda que sigan arquivando as denuncias, xa que fan corporativismo e tápanse uns a outros. Teño previsto presentar, polo menos, catro querelas'', asegura. Ademais, di que ''desde o principio" o tomaron como "personaxe para o circo mediático-político e político mediático que lles interesaba formar''.
Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.