1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

251111_conselheiraGaliza - CIG - Ao entender da Consellería de Facenda, formar os tribunais de oposicións con persoal nomeado a dedo e cuxa continuidade no posto de traballo depende de criterios de confianza política é a mellor garantía de imparcialidade e de que non se reproduzan os escándalos de filtracións ou tratos de favor. Isto é o que se desprende dos nomeamentos de tribunais titulares e suplentes para catro procesos selectivos publicados no DOG de 23/11/2011 e 18/11/2011:


No tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos (DOG de 23/11/2011):

- O subdirector xeral de Planificación e Programación (CMATI)

- A xefa do Servizo de Apoio Técnico (CMATI)

- O subdirector xeral de Ordenación do Transporte (CMATI)

- O xefe do Servizo Territorial da Oficina de Augas de Galicia de Lugo (CMATI)

- O subdirector xeral de Estradas (CMATI)

- O vicesecretario xeral da CMATI

- O xefe do Servizo Territorial da Oficina de Augas de Galicia de Ourense (CMATI)

No tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos de obras públicas (DOG de 23/11/2011):

- O subdirector xeral de Programación e Proxectos (CMATI)

- A xefa do Servizo de Xestión Orzamentaria (CMATI)

- O xefe do Servizo de Persoal e Réxime Interior de Augas de Galicia (CMATI)

No tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1 (DOG de 23/11/2011):

- O subdirector xeral de Centros da Consellería de Educación e O.U.

- O subdirector xeral de Gardacostas da Consellería do Mar

- A xefa do Servizo de Cooperación Xurídica e Pacto Local da Consellería de Presidencia, AAPP e Xustiza.

No tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2 (DOG de 18/11/2011)

- Secretaria do Director da EGAP

- Xefe de Servizo de Persoal na Área de Benestar (C. de Traballo e Benestar)

- Xefe do Servizo de Programación e Ordenación de Persoal (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda)

- Xefe do Servizo de Entidades Xurídicas e Corporativas (C. de Presidencia, AAPP e Xustiza)

En resumo: tribunais de oposicións saturados de subdirectores xerais, xefes de servizo, secretarios de altos cargos e mesmo vicesecretarios xerais, nalgún caso até extremos tales que o tribunal semella un órgano máis dunha consellería concreta, como é o caso do A1-Escala de enxeñeiros de camiños, copado por persoal de libre designación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (CMATI).

Desde a CIG-Autonómica, continuaremos a manifestar o noso desacordo co actual criterio de designación política dos tribunais de oposicións que van avaliar o acceso ao emprego público ou a promoción interna cunha independencia cando menos cuestionable, ao estaren nomeados a dedo pola Administración.

A CIG seguirá demandando unha reforma do sistema de designación dos membros de tribunais que asegure o cumprimento dos principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade no acceso á Función Pública, despolitizando a composición dos tribunais e incorporando medios de control por parte das organizacións sindicais.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.