1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

56a128f982213 velo vizosoGaliza - Praça - [Alberto Ramos] “Nom se pode falar do Santa Maria sem falar de José Velo, mas sim se pode falar de Velo sem o Santa Maria”.


Estas palavras pertencem, tal e como lembra o editor Paco Macias, a Vítor Velo, filho de um intelectual cujo centenário celebrara-se ao longo deste ano 2016. A sua figura resulta tan poliédrica como desconhecida num país, a Galiza, afeito aos claroscuros e a dar as costas, segundo as circunstancias e as motivacións, a alguns vultos que non encaixan, xa sexa polo seu perfil libertario ou polo unha identidade disidente. Esa é a ideia que expoñen dende a Comisón Procentenario Xosé Velo algúns dos seus membros. “Hai dende fai décadas un muro de silencio ao redor de Xosé Velo, simplesmente polo feito de que era un home incómodo e radicalmente livre. Resultaba difícil de enmarcar”, assinala Aser Alvarez, quen xunto a Paco Macías, Hixinio Araúxo, Margarida Ledo, Vítor Velo, Manuel Mera ou Lois Codias conforman unha promotora con trazos internacionais. Ese carácter global vén dado pola implicación de autores portuguesas como son Miguel Urbano, as brasileiros Elisabeth Lorenzotti e Ana Mascia Lagoa ou os cataláns Lúa Velo ou Xavier Montayá.

Todos eles, en maior ou menos medida, implicáronse nun Centenario que na passada sexta 22 de xaneiro, día en que se completam 55 anos do sequestro do Santa María, apresentou no Museo do Povo Galego as atividades previstas para efeméride. A celebración é simplesmente a escusa e os atos, os meios para acadar un obxectivo claro: deitar luz ao redor da súa figura. “Con Xosé Velo está todo por facer”, resume Paco Macías, responsavel por Edicións Positivas, antes de engadir que “o silencio na Galiza sobre Velo é un escándalo”.

Para corrixir a desmemoria, o grupo promotor do Centenario desenvolverá unha serie de liñas de actuación ao longo deste ano. En primeiro lugar, están a organizar un Congresso en Santiago para finais de setembro e começos de outubro. Será un encontro de carácter internacional que reúna aos investigadores e autores que furaron na súa traxectoria. En segundo lugar, está previsto a elaboración dun documental encabezado por Aser Álvarez cuxo obxetivo é a divulgación da figura de Xosé Velo. Publicarase, ademais, a través da editora Positivas a obra completo dun autor pouco coñecido, pero que segundo Macías conta cunha “dimensión e un valor únicos”. Finalmente, manterase unha páxina que servirá de arquivo histórico con todo o material relacionado co autor e de libre acceso para o público. E todo co obxectivo de difundir e espallar a traxectoria, vida e obra dun Xosé Velo ao quen a promotora quere brindar “unha programación que lle faga xustiza”. “Xosé Velo é un gran descoñecido e ese descoñecemento é froito dun país pouco civilizado”, sentencia Álvarez.

Esencial do galeguismo

“Nascido en Celanova en 1916, Xosé Velo é un dos persoeiros galegos máis interesantes e descoñecidos do século pasado”. Con esta rotunda definición ábrese a páxina web sobre o centenario, un espazo chamado a ser o gran arquivo da súa obra, ademais de constituírse como un lugar virtual para resarcir a súa figura, que estivo eclipsada sempre polo asalto ao Santa María.

“Pero Velo era moito máis ca iso. É un home de gran importancia no galeguismo, creou xunto a Celso Emilio Ferreiro as Mocidades Galeguistas de Celanova. A nivel político, sempre manifestou un compromiso inquebrantable con Galicia, pero nunca foi reivindicado por ninguén por ser un acráta e un home libertario”, sinala Aser Álvarez, quen sinala “a importante e necesaria labor de emprender un exercicio de memoria neste país sen memoria e neurótico”.

O silencio e o Santa María

Cómpre, polo tanto, redescubrir as caras ocultas pola acción do Santa María. Nese senso, débese recuperar ao Velo poeta, o Velo ensaísta, o Velo exilado, o Velo orador ou o Velo docente.

Talvez todas as súas dimensións quedaron ocultas non só polo secuestro do Santa María -a mítica operación que a comezos dos anos sesenta emprendeu un grupo de tan só dúas ducias de persoas e que buscaban poñer o foco internacional sobre as ditaduras de Franco e Salazar-, senón tamén pola súa actitude fronte á certa deriva da oposición exterior e interior ao franquismo. “Velo rexeitaba por completo a conduta que levaba a pactar coas faccións supostamente máis moderadas do réxime franquista. Por iso resultaba incómodo e por iso foi silenciado. Ademais, hai que unirlle que ao ser un idealista e un home tan libre, xamais contou co paraugas nin do nacionalismo nin dos comunistas”, explica Paco Macías.

Mesmo sobre o propio secuestro do Santa María hai lagoas e silencios, xa que sempre se apuntou a que a organización do plan pertencía a Henrique Galvao, un dos líderes do Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación (DRIL), formado por exiliados lusos e españois que loitaba contra as ditaduras de Salazar e Franco. “Iso é falso, o cerebro da operación non foi Galvao. O ideólogo foi Pepe Velo, hai evidencias e probas moi claras”, segundo afirma Macías.

Obras completas

Entre as intencións deste Centenario está a publicación, da man de Positivas, das obras completas de Xosé Velo, conformado principalmente por textos ensaísticos, artigos de prensa e poesía.

Deste xeito, está prevista neste 2016 a publicación de dous volumes, un dedicado á obra poética e outro centrado na reedición de Morra España, Viva Hespaña (1966). Ademais, realizarase a tradución dunha obra de investigación de Xavier Montanyá, Piratas de lla Libertat. Por último, elaborarase unha biografía revisada, produto de todo o traballo neste ano, que emende o esquecemento. Estará coordinado por Luis Codias.

Con estas publicacións, preténdese constituír un corpus bibliográfico de rigor sobre o autor. “Un autor cuxa obra é radicalmente contemporánea, que trata temas vixentes na actualidade e dende unha perspectiva moi clarificadora”, asegura Aser Álvarez, que tamén quere destacar a singularidade dunha obra, por desgraza, inconclusa e desaparecida. “ ¡Velo realizou unha obra chamada A rebelión dos sinais, un percorrido pola historia universal para a infancia pola que se interesou a Fundación Ford para a súa publicación e distribución”, engade Álvarez.

Documental e rigor

Aser Álvarez será precisamente quen coordine a elaboración dun documental divulgativo. Non será nin moito menos a primeira incursión neste xénero audiovisual do realizador, xa que no Centenario de Celso Emilio lanzou o documental 100x100 CEF. Nesa peza está, quizais, o xermolo do gran interese de Álvarez pola figura de Velo. “Cheguei a Pepe Velo a través de Celso Emilio, porque os dous compartiron momentos importantes das súas respectivas traxectoria, como a creación das Mocidades Galeguistas. Moitos dos fíos levaban, dun xeito ou doutro, a Pepe Velo”, admite Álvarez, quen confesa a súa admiración polo intectual. “En todo o traballo de documentación e entrevistas realizadas até o momento non atopamos aínda ninguén que falase mal del. Todos recoñecen a súa xenerosidade e tamén a súa capacidade de conciliación. Pensemos que era unha persoa que ao chegar a Venezuela foi quen de unificar os tres centros de galegos de Caracas, o cal parecía imposible”, remarca.

Sobre esta peza documental, Álvares ten claro os seus obxectivos. “Que sirva, en primeiro lugar, para a difusión da súa figura. Despois, como elemento fundamental para a elaboración da biografía escrita, como parte da documentación. E todo feito co máximo rigor”, conclui.

Além do mais, está previsto que a raiz de todo este traballo se elabore unha unidade didáctica para o ensino primario e secundario, unha ferramenta que sexa útil para dar a coñecer nos primeiros passos do mundo académico a historia e a obra dun Velo que, antes que autor e intelectual, foi docente. Assim o demostra o seu périplo vital. En todos os lugares que aos chegou por cusa da vida e mais do exilio abriu escolas e academias. Na sua natal Cela Nova, en Vigo e na Venezuela fundou centros de ensino.

Este é un resumo urxente, o retrato apurado sobre un vulto arrodeado dun “muro de silencio”que, neste 2016, os organizadores do Centenario busca derrubar cunha serie de acións concretas e divulgativas. A mecha prendeu na passada sexta-feira no Museu do Povo Galego, apartir de agora chegará todo o demais.

'Confirmación de fe' e 'Xa non quero a liberdade': poemas inéditos de Xosé Velo

A familia que ocultou a Xosé Velo durante un ano atopou o pasado 2015 os manuscritos destes dous poemas inéditos, cuxa reprodución publica agora publica Praza Pública.

56a12ac272785 poema1 r

56a12ae72e795 poema2 01

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.