1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

seis poemas galegos1Galiza - Praça Pública - [Montse Dopico] “Sobre os poemas de Federico -os galegos enténdese- a miña intervención foi servirlle de dicionario vivente e, -se me é permitido o dicelo- poético e discriminativo. 


Ele dicíame un verso en castelhano e eu traducíao libremente para galego, procurando, como é natural, as palabras que a ele mais puidessem impresionalo pola cor, o son, a evocaçom máxica. Se non gostaba dalgunha -pura e simplesmente un xuízo poético, imediato-, eu dáballe outras en opción e ele, augustamente, escollía a que lle saía dos collóns líricos”. Isto escrebeu Ernesto Guerra Da Cal sobre os seis poemas en galego de Lorca nunha carta que lle enviou a Eduardo Branco-Amor no 1949. Lembrouno o xornalista e investigador do grupo Galabra da Universidade de Santiago Joel Gomes no ato de celebración dos 80 anos da edición destes poemas que celebrou o Concello de Santiago.

A xénese dos poemas, -salientou Gómez-, foi un enigma durante 50 anos, ata que despois da morte de Branco Amor se divulgaron os materiais en que se baseou a publicación dos mesmos, realizada pola editorial Nós, de Ánxel Casal. “A min trémeme a man -e a ánima- ao poñela sobre estes versos, que xa non nacen reliquia, para botar máis alá un acento ou traer máis acó un desmandado apóstrofo. Pero nada máis que para iso. Toda a súa naturalidade foi pulcramente respectada. A miña complicidade redúcese a un leve paso polas axetreadas cuartillas, con probidade pendolista e ortográfica. E que aínda isto me sexa perdoado!”, escribe Eduardo Branco-Amor no limiar da edición de Nós de Seis poemas galegos, -reeditada en facsímile polo Consorcio de Santiago e Ara Solis-. Branco-Amor conseguiu, -salientou Gómez-, que Lorca accedese a publicar os poemas e preparou a edición cunha serie de emendas.

Tras a intervención de Joel Gómez, comezou no acto de Santiago o recitado dos poemas con María Antonia Pérez, da asociación O Galo, que leu Canzón de cuna pra Rosalía Castro, morta. García Lorca “sentía admiración por Rosalía de Castro, afirmada, posiblemente, polas recomendacións de J. R. Jiménez, lector rosaliano”, segundo recolle a obra O pórtico poético dos Seis poemas galegos de F. García Lorca, de Luís Pérez Rodríguez, publicada polo Consello da Cultura.

Lorca viaxara a Galicia en 1916 e en 1932. “Carlos Martínez-Barbeito recolle algúns instantes desta viaxe, literaria e humanamente intensos. O pasmo diante da Catedral, afirmándose entre a neboeira nocturna; a Quintana, acolledora e íntima, á que Lorca bautizou co nome de praza-butaca e serviu de espacio poético ó seu poema Danza da lúa en Santiago; a Colexiata de Santa María a Real do Sar e o seu claustro, coas súas sombras pétreas de monxes e abades; a ofrenda floral a Rosalía e o momento no que lle dedica, no Café Suizo, os seus libros Canciones e Romancero gitano, con sinatura e debuxos esparexidos por entre as súas páxinas, forma que tiña Federico de alongar indefinidamente o seu afecto na presencia e memoria dos seus amigos”, conta Luís Pérez.

E foi Danza da lúa de Santiago o segundo dos poemas lidos, -desta volta, por Mauro Senín de aCentral Folque- no acto organizado polo Concello, xusto antes de que Narf interpretase, coa súa voz e a súa guitarra, Cantiga do neno da tenda.  Seguiu a homenaxe aos Seis poemas galegos con Romaxe da nosa señora da Barca, recitado por Iria Sobrado, da asociación cultural San Martiño Pinario e con Noiturnio do adolescente morto, lido por Chema Díaz, da asociación cultural Cidade Vella. Rematou o acto co máis coñecido dos poemas, Madrigal à cidade de Santiago, interpretado tamén por Narf, nunha versión estreada para o evento.

Á volta a Madrid da súa primeira viaxe a Galicia en 1932, Lorca xa levaba prefigurado Madrigal à cidade de Santiago, o primeiro dos seis poemas. Ese mesmo ano voltou primeiro como diretor de La Barraca, visitando Corunha, Compostela, Pontevedra, Vilagarcía e Riba d'Eu, e unha vez máis, pasando por Ponte Vedra e Lugo. A amizade de Ernesto Guerra Da Cal, -a quen Branco-Amor atribui o papel de incitador dos Seis Poemas-, foi decisiva en todo este processo.

No ano 1934, Lorca viaxou a Buenos Aires e Montevideu, e alí inspirouse nos emigrantes galegos para escreber Cántiga do neno da tenda. O autor de Romancero Gitano xa tiña publicado o Madrigalen El Pueblo Gallego e, cando regresou a Granada, Blanco-Amor insístelle na publicación dos seus poemas. Volve a Madrid e decide rematalos con axuda de Guerra Da Cal, que segundo subliñou Joel Gómez foi quen lle suxerira que os escribise en galego, e non en castelán como era a súa primeira intención. Os Seis poemas galegos foron editados o 27 do Nadal de 1935 en Nós, no mesmo edificio en fronte do cal se celebrou o acto do 80 aniversario.

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.