1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

CARTAZ APALPADOR BAIXAGaliza - Colectivo Terra - O Apalpador sobreviviu na memoria dos habitantes máis anciáns das montañas do Courel, aillado de tradicións importadas, baseadas máis recentemente no materialismo e o consumismo.


O Apalpador é un vello bonachón, de barbas vermellas e de oficio carboeiro. No Nadal, baixa das altas montañas ás aldeas para entrar sen facer ruido nos cuartos das máis pequenas. Despois de palparlles a barriguiña e comprobar que están ben mantidas, deséxalles que o vindeiro ano non pasen fame. Como agasallo de Nadal déixalles unha boa presa de castanas asadas. O Apalpador é home sabio e non ignora que houbo un tempo en Galiza no que a castana foi o sustento principal e alimento moi prezado, porque esta tradición que agora agroma con forza transpórtanos ao realismo máxico dunha terra rica en lendas, pero tamén a unha época de aillamento e miseria. O feito de que o Apalpador palpase as barrigas para comprobar se as crianzas estaban ben alimentadas fai pensar na escaseza de comida e nas duras condicións de vida da época. E precisamente iso é o que máis conmove, a emoción que espertaba o agasallo dunha simple presa de castanas, o valor que tiña algo tan esencial como a comida. 

Sabemos que estes días son de moito traballo para o Apalpador, pero fixo por visitar Pontedeume e estará no Colectivo Terra o vindeiro domingo 27 de decembro, onde fará un pequeno espectáculo de maxia e presentará ao grupo Palitroke, un serán de festas para crianzas e maiores.

A entrada é de balde e comezará ás 18:00h. Non faltedes!

Documental sobre a lenda do Apalpador elaborado pola Gentalha do Pichel:


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.