Os veciños e veciñas de Moeche desexaban naqueles primeiros anos de democracia contribuír, dende a cultura e a historia a que Galiza tivese voz propia, como tivo noutros séculos. Deste xeito o festival converteuse axiña nun referente cultural singular no país.
Á vez, eses primeiros organizadores tiñan outro motivo máis tanxíbel e máis próximo, conseguir que o castelo de Moeche non se deteriorase máis e se mantivese como símbolo do concello e da nosa historia. Hoxe en día, este obxectivo estase a cumprir grazas á constancia e entrega de moita xente implicada con este concello e con este país.
A manifestación artística propia do Irmandiño é a música folk, que nos anos 80 era un dos símbolos reivindicativos de Galiza. Pero tamén houbo espazo para outras artes: teatro, artesanía, etnografía, pintura, artesanía, música coral, deseño (concurso de carteis), investigación, (Premio de investigación histórica), etc
Para todas as persoas que ao longo do tempo estiveron ligadas ao festival dalgún xeito unha das características é a capacidade de aglutinar xentes de todas as idades, dende nenos a vellos, e de diferentes lugares.
A transmisión interxeracional é un trazo do Irmandiño xunto co feito de ser unha festa aberta; dende o primeiro ano os veciños e veciñas de Moeche non estiveron sós xa que o festival é froito do traballo de moitas persoas ligadas afectivamente a Moeche. O relevo na organización vai pasando de mans en mans, mesmo de xeración en xeración; os que botaron a andar os primeiros Festivais continúan vecellados e así hoxe, 28 anos despois, participan homes e mulleres que sobrepasan os 70, e incluso os 80, con pequenos e pequenas de curta idade.
Non podemos deixar de mencionar a ese público fiel que ano tras ano nos visita, mozos e mozas que acoden sen falta á cita do Irmandiño e sen eles o festival non sería o mesmo.
O inicial espírito reivindicativo da nosa existencia como pobo con cultura e lingua de seu así coma da nosa conciencia social, especialmente nestes tempos de vertixe e uniformización, debe seguir vivo nas vindeiras edicións e así se veu plasmando especialmente nos diferentes pregóns da man do poeta Manuel María, o artista Xurxo Souto, os poetas Rafa Villar e Alfonso Venancio ou o escritor Sechu Sende.
Só resta desexar que o Festival Irmandiño siga sendo unha expresión da cultura como sinal de afirmación colectiva, expresión dunha tradición da que todos e todas debemos aprender para construírmos o futuro da nosa Terra.
En nome de todas as persoas que fixeron posíbel os 29 festivais, grazas ás institucións que coa súa colaboración permitiron que o festival acadase maior calidade artística:
Excma. Deputación Provincial da Coruña
Concello de Moeche
Artistas, Intérpretes y ejecutantes
Xunta de Galicia
Caixa Galicia Obra Social
Agradecemento sinceiro a todo o movemento asociativo de Moeche que estivo presente na organización os diferentes anos:
Asociación de Veciños Castelo de Moeche
Asociación C.e D. El Fenix
Asociación Ecuestre 23 de abril
Agrupación Riandola
APA do Colexio de Moeche
Asociación Cultural O Castelo de Moeche
PROGRAMA 2010
SÁBADO 21
A partir das 11.00h e ao longo do día:
Exposicións no Castelo
FESTIVAL IRMANDIÑO
MOSTRA DE ETNOGRAFÍA E OFICIOS TRADICIONAIS
Música Ambiental a cargo do compositor local ANGELUS MAERENS
As 13.30h:
SARDIÑADA E REPICHOCA POPULAR
ao carón do Castelo con zona habilitada para xantar
As 16.30h:
OBRADOIRO INFANTIL
As 18.30h:
Competición de XOGOS POPULARES
A partir das 22.00h actuación dos grupos:
SLAINTE (CATALUNYA)
ALALÉ (IRLANDA)
QUEMPALLOU (GALIZA)
RONCARELA (GALIZA)
A partir das 00.00h:
Lectura do pregón a cargo de ISABEL RISCO e ASALTO AO CASTELO
Acampada e aparcamentos gratuítos nas inmediacións do festival