Non tardou moito o novo COROCEIR@ NACIONAL en abrazarse a Serxio o seleccionador nacional hebilitado e seu increpador oficial e misturarse cos centos de afeccionados que aguantaron ate noite pecha xa ben pasadas as 22 h. para asistir ó acto de indixenismo supremo que é o corozamento.
Otero, coma Markitos de Billardeiros Musicais, inscriben por segunda vez o seu nome no mítico trofeo nómade de campións nacionais sendo os únicos bi-campións nacionais da história. Unha história que en intres coma istes non pode esquencer a Sak, palanador que xestou a irrupción da Coroza en Conxo, a Iván de Bateas que non puido defender o seu título nacional por unha lesión nun dedo da man dereita, a Mario de Conxo que dende Todo-LNB en representación de toda a serpe multicor se lle entregou un máis que merecido trofeo por toda a súa total implicación coa LNB. E por suposto a Calvete que dende aló arriba alumenou a toda a tribo billardeira para que na sen dúbida máis complicada edición dos Play Off Nacionais da história pola climatoloxía que impedíu executar nengunha final na sesión da mañán puideramos xestionar dun xeito tan maxistral ista reves e converter o que en principio era un revés nun ingredente fantástico para o imaxinario colectivo.
Atención ás pantallas , porque vai haber que refregar os ollos moitas veces para non derrubarse ante as imaxes e estalos dun Play OfF nacional que converteu a Lu de Corredoiras en Campioa Nacional Feminina, Xan Rodiño en Campión Nacional de Varados e Os Bateas Campións Nacionais por Equipas...
Coroceir@ Nacional Sempre , Adiante co Varal!
Foto: O Varal