1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

261210_apalpadorlugoGaliza - Galiciae - A área de Cultura da Deputación de Lugo recuperou a figura do Apalpador, un personaxe de lenda tradicional do nadal galego, que fiel ao seu costume, descendeu da serra do Courel, para preocuparse pola alimentación dos nenos lucenses aos que obsequiou con castañas.


Trátase dun personaxe case sumido no esquecemento, que, segundo a tradición oral, en Nadal saía da zona do Courel, para tocar a barriga dos nenos de Galiza e comprobar se tiñan fame, nese caso entregáballes castañas e agasallos.

Caracterizado como carboeiro, que se dicía que era a súa profesión, e acompañado por un burro e un grupo de 'gaiteiros', o Apalpador visitou a feira de 'Xuvenlugo' e logo percorreu as principais rúas do centro histórico.

Aínda que había poucos nenos pola rúa, conseguiu explicarlles a súa orixe e obxectivo, co cal acabaron repetindo que o Apalpador toca as barrigas "ca miña man", para que os nenos "coman san".

Representado polo contacontos, Anxo Moure, o vello carboeiro tamén relatou aos nenos a súa procedencia da serra do Courel, e recordoulles que se trata do "maior espazo de biodiversidade de Europa".

A lenda di que o Apalpador ou Pandegueiro, como se lle coñece nalgunha zona do oriente ourensán, era un xigante, carboeiro de profesión, quen ao tocar as barrigas dos nenos se vía que estaban cheas dicíalles "así, así estean todo o ano" e deixáballes castañas. En caso contrario, non dicía nada, pero tamén deixaba o mesmo produto.

Segundo a área de Cultura, esta tradición ten un tronco común con outras tradicións europeas -como o Olentzero vasco ou o Esteru astur-cántabro-, cuxo rito foi descrito por varios estudiosos da figura deste personaxe.


Lugo recupera a figura do Apalpador

A área de Cultura da Deputación de Lugo recuperou a figura do Apalpador, un personaxe de lenda tradicional do Nadal lucense que o próximo día 25, sábado, chegará á capital procedente da alta montaña. Trátase dun personaxe que, segundo a tradición oral, en Nadal saía da zona do Courel para tocar a barriga dos nenos de Galiza e comprobar se tiñan fame, nese caso entregáballes castañas e agasallos.

O vicepresidente primeiro da institución provincial, o nacionalista Antón Bao, recordou que este personaxe, "por desgraza", case desaparecera, e agora preténdese recuperar "unha serie de valores identificadores, culturais e de respecto para os nenos a través dunha tradición que asenta as súas raíces no fondo da historia da nación galega".

Partindo desa idea, o Apalpador visitará a feira Xuvenulugo e logo, ás 18:00 horas, sairá da rúa Bispo Aguirre para percorrer o centro histórico regalando castañas aos nenos.

A lenda di que o Apalpador ou Pandegueiro, como se lle coñece nalgunha zona do oriente ourensán, era un xigante, carboeiro de profesión, quen ao tocar as barrigas dos nenos se vía que estaban cheas dicíalles "así, así estean todo o ano" e deixáballes castañas. En caso contrario, non dicía nada, pero tamén deixaba o mesmo produto. Segundo a área de Cultura, esta tradición ten un tronco común con outras tradicións europeas e do norte de España, cuxo rito foi descrito por varios estudosos da figura deste personaxe.

Ilustraçom: Leandro Lamas.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.