1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

110812 incendio-forestal1Galiza - Galiza Confidencial - A Xunta chama a Unidade Militar de Emerxencias e reitera que informará da evolución dos incendios polas redes sociais.


Máis de 800 hectáreas xa arderon en Valdeorras dende que o venres se declarase un incendio forestal. Isto fai que o lume se convirta nun Gran Incendio Forestal e que a Xunta tivese que recorrer ao exército.

O lume amenazou polo menos dúas localidades, Raxoá e Millarouso. Os seus veciños tiveron que ser desaloxados.

A Xunta asegura que nos traballos de control deste incendio participan 2 técnicos, 8 axentes forestais, 24 brigadas, 9 motobombas, 1 pala, 6 helicópteros, 11 avións e efectivos da Unidade Militar de Emerxencia (UME).   Cómpre lembrar que a Consellería do Medio Rural e do Mar ten decretado o Nivel 1 como medida preventiva neste lume.

Por outra parte o Goberno di que están controlados os lumes de San Xoán de Río, Friol, Navia de Suarna e Ribas de Sil . Segundo novas estimacións provisionais, a superficie afectada en San Xoán de Río é de 75 hectáreas; en Friol de 150; en Navia de Suarna de 120; e en Ribas de Sil de 115 hectáreas  

O Twitter (http://twitter.com/Xunta) e o Facebook (https://www.facebook.com/#!/xuntadegalicia) da Xunta permanecerán activos para ir actualizando información, promete o Executivo.

Foto: Un Ciudadano por el Mundo


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.