1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

IMG 6351 2

Galiza - CM/DL - [César Mouriño] Hoxe en día, no estado español, o avance das contradicións tanto nacionais como de clase, dan lugar á aparición de elementos que resultan moi relevantes para entender a magnitude, maior ou menor, da actual situación sociopolítica do estado español. É preciso establecer esta situación actual como contextualización, para poder abordar o concepto que dá título a este artigo.


As aventuras da socialdemocracia

A nivel estatal atopámonos cun espertar da socialdemocracia, unha socialdemocracia que tras percorrer todo o camiño esperado de concesións políticas e moderacións discursivas dende o momento que se presenta publicamente para dar batalla política, consegue notorias cotas de poder institucional grazas a un notable respaldo electoral, estamos falando claramente da organización Podemos.

Por outra parte atopámonos coa segunda forza maioritaria da socialdemocracia, a socialdemocracia por excelencia a nivel estatal dende metade dos anos 80, a calor das mobilizacións contra a OTAN, que se ve irremediablemente marxinalizada en canto a poder institucional, derivado dunha derrota política ante a forza anteriormente mencionada, falamos neste caso claramente do proxecto político denominado como Izquierda Unida (IU). Por outra parte a socialdemocracia emerxente, Podemos, atópase obstaculizada polo tripartito liberal inmobilista: o conformado polo Partido Popular (PP), o Partido Socialista Obrero Español (PSOE) e Ciudadanos (C´s), que xa tomaron varias iniciativas destacando a non concesión de catro grupos parlamentares e unha distribución no hemiciclo dos deputados insatisfactoria para Podemos.

En Galiza, o combate dentro da socialdemocracia levou a que Podemos lograse dinamitar a Esquerda Unida (EU), grazas a esa nebulosa organizativa e ideolóxica chamada En Marea, dunha maneira clara illando totalmente a IU estatal (vexase todo o proceso de campaña e mitins), ademais de monopolizar o discurso de autodeterminación das nacións ibéricas sen estado, ata o punto de marxinar a un nacionalismo galego histórico, enmarcado tamén como socialdemócrata, que agora nin pincha nin corta, dado que a candidatura presentada por este nacionalismo histórico para as pasadas eleccións xerais non acadou nin sequera un só escano, e nas pasadas eleccións municipais recibiu un golpe crítico nun dos peores resultados electorais da súa historia, falamos do Bloque Nacionalista Galego e de Nós-Candidatura Galega.

En relación a Catalunya, é fundamental mencionala, pois aquí a socialdemocracia, representada pola Candidatura de Unidade Popular (CUP) e en última instancia por Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) atópase nunha encrucillada en relación ao proceso independentista, dada a hexemonía política da forza que lidera este proceso, Converxencia Democrática de Catalunya (CDC), de claro carácter liberal, coligada actualmente a ERC na coalición denominada Junts pel si. Actualmente Catalunya e a CUP poden ser as mais claramente representantes da relación entre as contradicións de clase e as contradicións nacionais, o darse unha loita pola primacía entre a denominada como cuestión nacional e a que nestes momentos denominan como cuestión social.

Camiño cara o estado de excepción por parte do réxime do 78

A pesar das aventuras da socialdemocracia, é ineludible que esta comeza a dar os primeiros pasos cara a súa incursión no actual réxime, se ben non para a ruptura con este, polo aínda así, como é de esperar, este non fai máis que tomar medidas, dada a caducidade da lexitimidade de todas as estruturas do réxime, que a continuación enumeramos en parte:

Está caduca a lexitimidade do o sistema político bipartidista, polo que o réxime busca crear novos sustentadores deste sistema creando o binomio Ciudadanos-Podemos, para que sustitua ó binomio PP-PSOE. Está caduca a lexitimidade do modelo territorial autonómico, que se desenmascara como un modelo de estado en realidade unitario que non contempla en absoluto dereitos universais como o de autodeterminación dos pobos, dado o carácter plurinacional do estado español, colateralmente está caduca a lexitimidade da actual lei electoral, deseñada teoricamente en favor das nacionalidades históricas, ó entender que só será verdadeiramente democrática unha lei electoral onde compute un voto por cada persoa, sen distinción de territorio, non unha lei que sirva para perpetuar os partido do sistema bipartidista por ser maioritarios ó tempo que concede unha representación irrelevante no parlamento central ás nacións sen estado e dar así aparencia de que posúen poder de decisión, cabe destacar que ironicamente grazas a esta lei, Galiza non é só un baluarte electoral do PP a nivel autonómico ou local, senón que tamén nas eleccións xerais dado o carácter de nacionalidade histórica que o réxime e esta lei lle atribúen a Galiza. Está caduca a lexitimidade do sistema xudicial, dado o paralelismo entre a impunidade das clases altas e posuidoras ante os incontables casos de corrupción e fraude e a criminalización das clases populares ante casos que non se reducen máis que á loita polos dereitos básicos humanos. Está caduca a lexitimidade dos medios de comunicación afíns ó réxime, dados os numerosos casos de despido de traballadores e traballadoras de distintos medios de televisión, radio e prensa. Está caduca a lexitimidade do modelo económico derivado da incorporación á Unión Europea (UE) e á zona Euro, dada a evidencia dos efectos nocivos das políticas da UE que aniquilaron a soberanía dos estados membros e o estado do benestar, alimentando a conflitividade social e cometendo verdadeiros crimes contra a humanidade con total impunidade, nun contexto regresivo onde se incluso se están chegando a perder dereitos sociais e laborais históricos que se pensaban conquistados para sempre.

Ante toda esta lexitimidade caduca, o réxime, véndose ameazado, non fai outra cousa que tomar medidas totalmente antidemocráticas e represoras que evidencian a imposibilidade de catalogar ó estado español como un estado de dereito, vexase a implantación da lei mordaza, a clausura de certos medios de comunicación como Apurtu.org, ingresos en prisión sen cargos probados cada vez máis numerosos como o caso de Alfon, imputacións arbitrarias cada vez máis numerosas como o sucedido con Pablo Hasel, os intentos a veces fracasados de retención de presos políticos como Arantxa Díaz ou Arnaldo Otegi e casos tan recentes como o de Causa Galiza ou Reconstrución Comunista, organizacións políticas ás que o réxime busca ilegalizar por tódolos medios.

Todas estas accións realizadas, por un estado que se ve acurralado ante a ineludible agudización das contradicións nacionais e de clase, non evidencian outra finalidade que o medo, a coacción e polo tanto a desmobilización, influíndo de maneira contundente na liña política a aplicar, tendo en conta que dependendo da liña política en cuestión podes estar ou non, no punto de mira do CNI, con todo o que isto pode supoñer, e sobre todo tendo presente unha premisa fundamental: a toma das institucións non significa en absoluto a toma do poder.

As liñas vermellas do prezo a pagar pola hexemonía

É neste punto, onde xurde o principal debate, en torno a estes dous conceptos elementais: a hexemonía e a liña política. Ten que ser unha prioridade comprender que sen liña política verdadeiramente revolucionaria, non existe hexemonía e viceversa, independentemente de como sexa a liña política en cuestión.

Poñamos como exemplos as vías de toma do poder das dúas revolucións triunfantes por excelencia do século XX: a vía de masas da revolución bolchevique e a vía armada da revolución cubana. A pesar de tratarse de vías distintas, ambas revolucións triunfaron precisamente grazas a un factor fundamental, entre outros, que era a existencia de hexemonía ligada ó movemento revolucionario en cuestión.

É fundamental establecer límites para non sacrificar un dos dous conceptos a causa do outro. Poñamos varios exemplos partindo da premisa da revolución armada popular como obxectivo a acadar.

Nun primeiro caso, non podemos pretender crear unha ferramenta de masas, sacrificando unha liña verdadeiramente revolucionaria e poñendo no seu lugar a indefinición ideolóxica de tinta socialdemócrata, mediante unha liña ambigua que só supón crear un corpo electoral amplo a curto prazo, pero que no fondo ideolóxico non supón a superación da ideoloxía burguesa nin o desenmascaramento da socialdemocracia, polo que non podemos falar de creación de hexemonía dado que non se crea, en termos gramscianos, un escenario novo ou un modelo cultural novo, polo que neste caso non existe nin liña política revolucionaria, nin tampouco hexemonía como tal, a diferenza do que pensan os/as seguidores/as desta liña. Este primeiro caso é o presentado actualmente por Podemos.

Nun segundo caso, non podemos limitarnos, partir dunha liña concreta feita sen análise da realidade, xustificándonos na lealdade a unha liña "verdadeiramente revolucionaria", pois caemos no erro fundamental de desligarnos das masas para rebozarnos dentro da marxinalidade, no narcisismo da "nosa liña: a única verdadeiramente revolucionaria", sendo isto unha contradición dada a prioridade enunciada ó principio deste apartado. Expliquemos este segundo caso cun exemplo práctico a través dos principais suxeitos englobados dentro deste caso: os numerosos destacamentos marxinais, a nivel estatal, autodefinidos como marxistas-leninistas ou comunistas. Estes destacamentos, aínda que marxinais a nivel estatal, acostuman a ter certa implantación a nivel local, precisamente nas localidades de orixe deses destacamentos. Pois ben, baixo o meu punto de vista, non critico cando eses destacamentos chaman a unha folga ou boicot nunha empresa da localidade de orixe onde teñen certa implantación, pero o que si considero como criticable e contraproducente, son os chamamentos á abstención a niveis maiores que o local. Isto considero como un erro grave dada a carencia de capacidade para impulsar calquera tipo de boicot, dada a súa marxinalidade, máis alá desas zonas locais, aínda no caso de chamamentos conxuntos de diferentes destacamentos ou chamamentos en branco, como acostuma a pasar.

Estes dous casos evidencian a necesidade primordial hoxe en día dentro do movemento comunista, tanto na Galiza, coma no resto do estado español: a necesidade do encontro, o diálogo, o debate e a loita democrática de liñas, que permita poñer enriba da mesa as distintas contradicións e eivas dentro do movemento comunista (quizais unha das eivas a nivel estatal nas que menos se avanzou historicamente e na que hai poñer especial atención é a cuestión nacional), para así avanzar ideoloxicamente todo o retrocedido co denominado "Socialismo do século XXI" e tomar como conclusión baixo consenso e contraste, a liña política a aplicar, no momento histórico actual.

Respecto á liña política: ser transgresores tamén no fondo ademais de na forma

Concluirei este artigo co principal motivo da necesidade primordial explicada anteriormente. Este motivo é o revisionismo, que tempo demais leva dominando o movemento comunista tanto na Galiza coma en todo o estado español.

Hoxe en día, na maioría dos destacamentos autodefinidos como marxistas-leninistas, a pesar de que a liña a adoptar evidencie a presenza do revisionismo, estes destacamentos seguen a ser moi disciplinados e ortodoxos a trazos xerais no seu funcionamento interno, independentemente de que posúan direccións ou órganos liberais.

Como comunistas debemos ser conscientes de que esa ortodoxia e disciplina non chega para xustificar a súa liña política, a pesar de que eu aplauda esa ortodoxia. Conservar esa ortodoxia e disciplina non implica para nada a conservación do centralismo democrático, modelo de organización e funcionamento inexistente en gran parte, sendo precisamente ás mencionadas direccións ou órganos liberais a principal causa da actual carencia, en gran medida, de centralismo democrático, carencia que evidencia en parte porque non se pode denominar a estes destacamentos como marxistas-leninistas.

O centralismo democrático debe sucederse co constante debate e loita de liñas e viceversa, pois é condición fundamental para sermos capaces de ser transgresores tamén no fondo, é dicir, superar o revisionismo, non ser reformistas, non intentar vagamente ser marxistas-leninistas na forma mentres que no fondo xa nin se intenta deixar de ser socialdemócratas, en definitiva, ser comunistas.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.