1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (3 Votos)

1013912 559827434059443 1816931425 n 2Galiza - AA/DL - [André Abeledo Fernández] Para as organizacións comunistas non se trata tanto de “reinventarse” como de “reorganizarse” e recuperar a “esencia”.


Foto de André Abeledo Fernández

Esto da "nova política" parecese moito a "vella": repítense os mesmos roles e karmas, os mesmos chamamentos o voto útil e a proclamación da desaparición da loita de clases.

O discurso dos novos gurús do nepotismo ilustrado non difire demasiado dos vellos, só muda a linguaxe. Unha linguaxe inventada nos laboratorios de mercadotecnia, que ademais de ser nova é aínda máis incoherente.

Son discursos difusos e que a propósito non profundan. Prefiren falar máis de caridade que de xustiza social e defenden a gran mentira da posibilidade de humanizar o capitalismo neste mundo globalizado onde impera a barbarie e os gobernos de quenda son monicreques nas mans dos poderes económicos. Humanizar o capitalismo é algo imposible, pois baséase na explotación. Tamén repiten a falsa promesa de poder acabar coa corrupción sen escachar nada, cando a corrupción é inherente o capitalismo.

Os da nova política son os novos vendedores de fume que traballan para que a segunda transición, que pretende trocar as caras para que nada cambie, non atopen obstáculos, e de paso o sistema pretende conseguir o soño da oligarquía de diluír, destruír, dinamitar toda a esquerda organizada no estado español. Para este propósito contan con a inestimable axuda da nova casta política nacida da nada e elevada os altares polos medios de desinformación de masas.

Sen dúbida é preciso dar un paso, pero sempre á esquerda. Non hai que reinventarse, primeiro recuperemos a esencia. Non se trata de ser unha mera maquinaria electoral, debemos volver a ser vangarda e punta de lanza na loita de clases. Unha cousa é adaptarse ao contexto e o momento histórico e outra moi distinta o revisionismo da "nova política" que nega a vixencia da loita de clases como motor da historia.

O noso traballo como comunistas debe ser agora resistir, organizarnos, defendernos do ataque que pretende cargarse dun plumazo o que tantos anos, tanta sangue , suor e bagoas custou construír. Debemos formarnos para ser a columna vertebral na construción da verdadeira unidade popular da esquerda rupturista.

O marxismo-leninismo sempre  soubo adaptarse aos distintos contextos e momentos históricos.Non é o mesmo o escenario de Europa que o de Asía, nin o de hoxe que o de fai un século, pero a base segue sendo a mesma: a loita da clase obreira contra a oligarquía, dos explotadores contra os explotados. Sabemos que non hai un "capitalismo bo" nin de "cara amable”, nin tan sequera sostible dende un punto de vista medioambiental e de supervivencia da especie humana no planeta Terra, que é o único planeta que temos.

Esta é unha crise de sobreprodución e de escaseza de recursos enerxéticos que provoca choques entre as distintas potencias, que inventa guerras, destrúe estados e xenocida pobos. É imprescindible ter todo isto moi claro, porque de tanto reinventarnos e facer revisionismo estamos perdendo a perspectiva e confundíndonos de inimigo.

Os comunistas debemos ter moi presente que o sistema ten atopado as ferramentas para desmantelar as organizacións que defenden, aínda que só sexa minimamente, os intereses da clase obreira e debemos reorganizarnos para facerlles fronte e construír as ferramentas necesarias para contrarrestar este ataque brutal contra os nosos dereitos e a nosa dignidade.

“Proletarios de tódolos países unídevos”, pero para defender os intereses da nosa clase, non para facerlle o caldo groso os amos do mundo.

*André Abeledo Fernández, Concelleiro e Coordinador de Esquerda unida de Narón e Sindicalista.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.