1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

100715 cansGaliza - Praça - Hai anos que veño laiándome do pensamento débil que socavou o afán de saber, o compromiso entre as ciencias e as humanidades. Nada ten visos de autenticidade, nada é veraz.


Cada sociedade, cada grupo, marca os seus propios límites. Non existe unha ética universal, din.  Un feito, unha idea, posto que existe, queda avalado. Tolerancia é a norma.

Argumento inservible na Bolsa. Porque si existe un capitalismo universal, cada vez máis forte e descontrolado precisamente porque fai un pandeiro da xente pusilánime a quen engaiola.

Nunca pensei que a sociedade chegaría a unha involución tan cruel, e un naturalismo tan dramático. A imaxe de Sócrates agarrado ao Partenón, alertando a gritos: Só hai un ben, o coñecemento; só hai un mal, a ignorancia, mentres Grecia se desprende de Europa e cae no abismal.

O medo á intelixencia vai unido á querenza primitiva, non só na arte, senón na vida. As tatuaxes non significan só o adorno tribal, senón o masoquismo de persoas, que aturan de boa gaña unha forte dor, e logo se queixan de todo. Moitas  mulleres queren parir na casa, con dor, e levar pendurada a criatura para que mame tal xato, sen horario nin calendario. Son quen de chamarse feministas e buscar a “identidade”. Porque, claro está, o naturalismo afecta preferentemente ás femias, consideradas corpo. Escoiten os anuncios: Antiséptico X para unha boca sa, Sentiraste cómoda, segura con…, Discretas, evitan o cheiro, Durezas e talóns afectados, Pel seca, crema X,  Alivio para os pés, Incontinencia de urina na muller, Contra o mal alento…. Estes remedios son para mulleres. Os homes están, por condición, afastados da natureza, e nin perden urina, nin cheiran. 

A animalidade está servida, de forma que o amor, o romanticismo, está desviado a todo o animal. Afórrolles:
bicos, coidados, gastos veterinarios, conversas caninas que  invaden as beirarrúas. Cáeselles a baba, como avós chochos.    A humanidade consistiu e consiste precisamente en superar o natural. O cerebro humano medrou e desenvolveuse sobre o cerebro animal e primitivo. A xente ten razón cando di que os animais teñen sentimentos e manifestan emocións, coma nós. Así pretenden igualarnos. Mira que lista é a miña cadela, só lle falta falar. Velaí!

Nós temos un cerebro como o seu, onde se fixan as emocións (beixa, agarima, pero tamén morde, ten agresividade, é guerreiro, mata), e os sentimentos (de amor, si, pero máis de odio, envexa, rabia, avaricia, aversión, desprezo, rancor, repugnancia). Pero temos un cerebro superior, do que os animais carecen, que proporciona as facultades cognitivas que nos conduciron a un alto nivel de coñecemento actual, e vincula a ciencia coa ética. 

Os sentimentos están de moda, como a animalidade. Sería longo este artigo nomeando as veces que usamos sentir. Como te sentes? substituíu a Como estás?  Moitos libros introducen no ambiente a “educación sentimental”. Non poden ser máis erróneos. O que se necesita é unha “Educación dos sentimentos”, manter á raia o que nos queda de cerebro primitivo e controlar á agresividade humana, todo o que produce o instinto de morte, ataque, ofensa, dominio, incluído o económico, para chegar a unha sociedade igualitaria e humana.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.