1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

arevoltapermanentcartelateneoGaliza - Ateneu Ferrolano - Proxección da película: “Llach: La revolta permanent". Xoves día 3 de marzo ás 20 h. Entrada libre. Sobre os sucesos do 3 de marzo de 1976 en Vitoria,


Un exercicio dobremente nobre o de absorber musicalmente a dor das vítimas do terror e o de cantarlles publicamente o seu apoio entón e agora. (...)

O 3 de marzo de 1976 en Vitoria, no transcurso dunha asemblea de traballadores, a actuación da Policía causou cinco mortos e máis de cen feridos de bala. Esa mesma noite, levado pola rabia, Llach compuxo a que sería unha das cancións máis emblemáticas da Transición: Campanades a morts. Lluís Llach volve a Vitoria para interpretala nun concerto multitudinario en recordo ás vítimas do 3 de marzo. Unha viaxe no espazo e no tempo conducido pola música e as palabras do propio Llach, no que se mesturan recordos autobiográficos con imaxes e testemuños dos protagonistas deses feitos. Esta é a historia dunha canción, o retrato da persoa que a escribiu e a crónica dos feitos que a inspiraron. Un berro e unha esixencia de revolta permanente contra o esquecemento.

Título orixinal: “Llach: La revolta permanent “
Ano 2006 Duración 90 min.

País España
Director Lluís Danés
Guión Lluís Arcarazo, Lila Pla
Música Lluís Llach
Fotografía Emili Guirao


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.