1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

200815 intGaliza - Mar de Lumes - Novamente sobre América Latina se congregan as ameazadoras nubes dun golpe de Estado contra a democracia e contra o progreso. Desta vez é, concretamente, no ceo inmenso que cobre o Brasil, o maior país do continente.


Non son apenas os insultos e o fomento deliberado do odio contra a presidente Dilma Rousseff, tomando como pretexto unha corrupción que existe e está a ser investigada e condenada polo propio goberno federativo do Brasil; senón que xa se fala — a cada vez máis abertamente — de obrigar o goberno a se demitir, e de substituilo mesmo pola vía militar.

Non é por acaso que o Brasil sexa unha das nacións que, nos últimos anos, se ven colocando claramente entre o grupo de países que ensaian, no plano interno, formas de redistribución da riqueza máis xustas e fórmulas de participación política máis abertas e populares a camiño da superación do capitalismo. Tampouco é por acaso que, no plano internacional, sexa unha das potencias que están a dar pasos cara a unha orde mundial multipolar e de paz, deliberadamente oposta ao imperialismo norteamericano e aos seus parceiros, que asolan o planeta con guerras, pillaxe e terrorismo teledirixido. Se este Brasil foi posíbel — sen negar as súas debilidades e fraquezas, nen as súas contradicións propias — debeuse á concatenación de gobernos que, de Lula da Silva á propia Dilma Rousseff, se posicionaron claramente nesas coordenadas após anos de ditadura formal e informal e de capitalismo corporativista e voraz.

Agora, nunhas rúas controladas polo poderosísimo lobby dos medios de comunicación, coa ultradereitista Globo á cabeza e coa oposición "democrática" da dereita incapaz de gañar as eleccións federais desde 2003 e entregada á tese eufemística do "impeachment", comezan a aparecer grupos — os mesmos que presumibelmente terían atacado á bomba o Instituto Lula no bairro de Ipiranga de São Paulo en maio deste ano — que piden publicamente o estabelecemento dunha ditadura militar como a que en 1964 expulsou João Goulart do goberno debido á súa "deriva comunista", da que tamén acusan a coaligazón de centro-esquerda que encabeza Dilma Rousseff e o PT. Grupos minoritarios que, en todo caso, reproducen o esquema de intervencionismo soterrado que o imperialismo leva anos a empregar contra outros gobernos da América Latina.

O modelo que os golpistas invocan — e que pola súa vez "normaliza" a oposición da dereita "democrática" — non é, por iso, novo. A ditadura militar brasileira, que durou máis de dúas décadas, foi a que conculcou a constitución, a que suprimiu as liberdades civís, a que instaurou o código de proceso penal que deu carta branca ao exército e á policía militar para desatar a represión e a tortura contra calquera disidente — entre elas, a propia Dilma Rousseff, pola súa militancia política —, a que censurou absolutamente todos os medios de comunicación e a que enveredou o país pola vía dun desenvolvimentismo e un corporativismo que, como sempre, acabou concentrando a riqueza dos inmensos recursos naturais brasileiros nunhas poucas mans mentres facía crecer as bolsas de pobreza e miseria. Sexa cal for o obxectivo destes grupos e das corporacións mediáticas, non cabe dúbida de que pasa por eliminar o avanzo dos últimos gobernos e reverter as importantes conquistas dos últimos doce anos, desde o primeiro goberno Lula.

Por último, mais non menos importante, convén non perder a perspectiva do que acontece á volta do Brasil. Os intentos de desestabilización que os sectores máis reaccionarios están a promover alí, cos beneficiarios de sempre máis ao norte, non poden ser desligados dos intentos golpistas que no Ecuador e, particularmente na Venezuela, están xa máis avanzados e son, por iso, máis perigosos. No Brasil, o perigo é aínda reconducíbel, e o chamamento do goberno á calma entra dentro desa vía normalizadora. Mais non significa que a estratexia golpista non exista e non sexa perigosa. Éo nas súas formas e éo, evidentemente, no seu fondo, que pasa, como sempre desde que América Latina deixou de ser o quintal traseiro dos Estados Unidos, por volver á vella situación de dependencia e rapina.

Asociación Galego-Bolivariana Hugo Chávez
Mar de Lumes - Comité Galego de Solidariedade Internacionalista


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.