1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

110815 homenagemGaliza - CIG - O pleno da corporación verinesa apoiou por unanimidade a reparación dunha “inxustiza histórica”.


Unha sentida e multitudinaria homenaxe popular precedida dun pleno que, por unanimidade, outorgou a título póstumo honras e distincións “aos veciños e veciñas, políticos/as e sindicalistas executados, apresados e represaliados polo fascismo franquista”. Así culminaba o pasado 6 de agosto unha iniciativa da Unión Local da CIG de Verín realizada en xullo do ano pasado e reiterada en abril deste 2015 que, por fin, logrou o recoñecemento municipal ás vítimas da represión.

Desde a Unión Local da CIG de Verín felicitan ao pobo de Verín e aos seus partidos políticos (PSOE, BNG e PP) polo acto de reparación que tivo o pasado xoves 6 de agosto na vila, no que se rendeu tributo ás máis de 500 persoas que “entregaron as súas vidas e patrimonios á causa da liberdade e da democracia”.

Despois do pleno municipal convocado a tal efecto, unha homenaxe diante do edificio consistorial puxo en valor aos militantes que “protagonizaron a vida da vila nos momentos previos e posteriores ao golpe de estado de 1936”.

No acto fíxose entrega de distincións aos familiares das vítimas e descubriuse unha placa conmemorativa que visa lembrar os membros fusilados da corporación republicana que gobernaba Verín en 1936.

Con ocasión desta homenaxe, a CIG editou un folleto cos nomes, apelidos, veciñanza e circunstancias de máis de 400 asasinados e/ou represaliados/as polo franquismo nas Comarcas de Monterrei, As Frieiras, Conso, Viana do Bolo e Cambedo da Raia (Portugal).

Así mesmo, a CIG de Verín anuncia que promoverá unha Asociación da Memoria na Comarca de Monterrei para poder lembrar anualmente aqueles aos que “nen a Xunta de Galiza nen o Estado teñen aínda dignificado: aos resistentes pola liberdade e a democracia”.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.