1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

3294329965 d555d40c64 zGaliza - COPG - A próxima convocatoria de Oferta Pública de Emprego (OPE) do Servizo Galego de Saúde, que inclúe tres prazas de especialistas en psicoloxía clínica, reflicte o desleixamento do Goberno autonómico cara á saúde mental da cidadanía galega. A día de hoxe, no Sergas exercen menos de cen psicólogas e psicólogos clínicos, o que significa unha ratio de 3,34 por cada 100.000 habitantes, unha cifra moi inferior á media estatal. Desde o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia estiman que o mínimo imprescindible son 26 prazas para equiparar a media estatal e aproximarnos ao 4,3 por cada 100.000 habitantes.


Foto do Partido Popular de Galicia (CC by-nd/2.0/) - Feijoo, o primeiro pola esquerda.

Para o COPG resulta insuficiente e irresponsable que na convocatoria de 2016 só se inclúan tres prazas de especialista en psicoloxía clínica, máis aínda se temos en conta que nas últimas dúas OPE non se convocou ningunha praza. Resúltalles lamentable que os responsables da rede pública por unha banda fagan manifestacións afirmando que existe un número suficiente de psicólogos clínicos no SERGAS, mentres que por outro lado recoñecen as carencias asistenciais en psicoloxía clínica do sistema e tratan de cubrir esas eivas con bolsas de investigación e con convenios con oenegués para a prestación de asistencia, como veñen constatando nas áreas de atención a vítimas de tráfico, oncoloxía, coidados paliativos ou neuroloxía.

Desde logo, esa ratio do 4,3 queda moi por debaixo da media europea, con 18 facultativos de psicoloxía clínica por cada 100.000 habitantes. Pero con esta cifra de especialistas de psicoloxía clínica que exercen no Sergas (que segundo datos da Mesa Galega da Psicoloxía Clínica son 91) é imposible a prestación efectiva da Carteira de Servizos Comúns do Servizo Nacional de Saúde no que corresponde á profesión. No COPG mesmo comprobaron como hai dispositivos asistencias básicos en saúde mental sen psicólogas ou psicólogos clínicos e que son atendidos a tempo parcial (hospitais de día psiquiátricos, unidades de psicoxeriatría, unidades de saúde mental, etc.). Unha situación que resulta máis evidente nas consultas de psicoloxía clínica de interconsulta e enlace dos hospitais xerais, contando cun único especialista en psicoloxía clínica para a poboación atendida nun centro do tamaño do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

E namentres, a resposta asistencial vén en forma de psicofármacos: entre o 2000 e 2013, incrementouse nun 200% o consumo de antidepresivos, segundo a Axencia Española do Medicamento. As taxas de suicidio continúan a incrementarse, especialmente en Galicia: dos cinco concellos do Estado con maior taxa de suicidio, dous son galegos (As Pontes de García Rodríguez e Ordes). Cómpre deseñar e aplicar un Plan Estratéxico de Saúde Mental en Galicia con urxencia, e así poñer en marcha un modelo eficaz e eficiente de xestión e organización da saúde mental tanto por parte do Sergas como da Consellería de Sanidade. Unha planificación na que deben participar todos os sectores profesionais, tamén a psicoloxía clínica, ao contrario do que está a pasar na actualidade, onde a súa intervención nos lugares de planificación, decisión e execución é cada vez máis marxinal.

A saúde mental non pode depender das receitas médicas e as autoridades públicas non poden desatender as súas responsabilidades públicas. A Organización Mundial da Saúde, as guías clínicas, as voces expertas, etc., sinalan o camiño contrario do tomado pola Administración galega: cómpre cambiar o rumbo e iso pasa, imprescindiblemente, por incrementar a dotación de facultativos especialistas en psicoloxía clínica na rede pública e así poder ofrecer á poboación o acceso a prestacións básicas como a psicoterapia, hoxe case imposible. A atención á saúde mental na nosa Comunidade só responde a unha situación de colapso, de bloqueo, e este modelo é caro, ineficaz e dana a saúde das persoas usuarias. Desde o COPG apelan a unha verdadeira comunicación entre as partes implicadas, profesionais, Administración e persoas usuarias, co fin de definir unha planificación estratéxica en saúde mental eficiente e responsable. 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.