1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

150116 antiprivGaliza - Coordenadora Antiprivatizaçom da Saúde Pública - Porque aínda seguimos a ter motivos para defender a nosa sanidade pública do ataque e destrución que está a sufrir por parte do goberno de Nuñez Feijoo, o domingo 17 ás 12:30 horas, a Marea Branca volta ás rúas de Santiago, Pontevedra e A Coruña.


Os datos que temos do destrozo producido polo goberno de Feijoo na sanidade pública son claros, e mostran o claro camiño cara unha sanidade privada en mans de multinacionais e fondos de inversión.

A redución orzamentaria total en sanidade do ano pasado foi dun 10,2% e na atención primaria dun 22,3%, nunha clara aposta polo modelo hospitalario que beneficia ás multinacionais farmacéuticas e tecnolóxicas.

En persoal o recorte orzamentario foi dun 30,67%, e fomos a comunidade que mais recortou do estado español.

Pecháronse xa definivitamente case 500 camas en toda Galicia e a cifra segue a aumentar, cunha intención clara de favorecer os intereses do sector privado.

Todo isto, e moito mais, provoca sufrimento e dor na poboación, incrementándo as listas de espera, e colapsos nas urxencias.

Tamén denunciamos a situación precaria dos internos e internas das residencias xeriátricas e centros de dependentes, onde a escaseza de persoal, de medios e de mantemento, provoca unha atención deficiente, cun elevado risco para a saúde, tanto dos profesionais como dos usuarios e usuarias.

Por todo isto, e con mais forza si cabe co ano anterior, esta coordinadora, e tódalas organizacións que participan na mobilización, nas diferentes vilas de Galicia, chamamos á cidadanía a manifestar o seu rexeitamento a este desmantelamento programado do noso sistema sanitario público, e non o pararemos de facer ata conquerir unha sanidade pública, universal, gratuita no momento da prestación e de calidade.

Acude a defender o que é teu.

A SANIDADE NON SE VENDE, DEFÉNDESE!!!


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.