1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

electricity manGaliza - APDR - Solicítase ás distintas administracións o recoñecemento integral dos dereitos das persoas afectadas e elaborar plans de rescate cidadán seguindo o exemplo iniciado en Tarragona.


Solicítase ás distintas administracións o recoñecemento integral dos dereitos das persoas afectadas e elaborar plans de rescate cidadán seguindo o exemplo iniciado en Tarragona.

Dende o grupo de coordinación da Plataforma Estatal Contra a Contaminación Electromagnética e Electro y Químico Sensibles polo Dereito á Saúde congratúlanse polo primeiro Plan de rescate no estado español para as persoas afectadas por síndromes de sensibilización central (SSC) aprobado o 30 de novembro no Pleno do concello de Tarragona.

Esta “Declaración institucional en apoio ás persoas afectadas de síndromes de sensibilización central” é un plan pioneiro que da visibilidade e actúa ante a perigosa exclusión social das persoas afectadas apostando por:

- Un “diagnóstico e un censo”, actualizábel anualmente, das persoas afectadas. 

- Un Protocolo de actuación cun catálogo de axudas económicas (alimentación, elementos de primeira necesidade, tarifa superreducida do prezo do auga) e domiciliarias específicas, incluíndo o acceso a vivendas sociais e espazos municipais brancos e verdes (libres de químicos tóxicos e de ondas electromagnéticas), a eliminación/limitación do uso de pesticidas no municipio, a formación específica dos traballadores socio-sanitarios, e medidas de adaptación laboral das persoas afectadas.

As Síndromes de Sensibilización Central (Fibromialxia, Síndrome de Fatiga Crónica –SFC-, Encefalomielitis Miálxica -EM-, Sensibilidade Química Múltiple -SQM-, Electrohipersensibilidade -EHS-), afectan de forma crónica a persoas que necesitan diversas adaptacións especiais e entre elas a protección na súa vida cotiá e o seu traballo contra tóxicos e radiacións artificiais, que poden chegar a niveis graves de discapacidade. Á problemática residencial, laboral, educativa, familiar, de lecer uniríase a falta do recoñecemento da súa discapacidade e a ausencia dunha atención sanitaria adecuada (coa dificultade de acceso a especialistas con formación específica nestas síndromes nos ámbitos da inmunoloxía, medicina ambiental, neuroloxía), o que inclúe situacións de precariedade e exclusión sanitaria inaceptábeis na nosa sociedade.

Aínda que a solicitude de incluír a “sensibilidade química múltiple e outras patoloxías similares” (como é a EHS, tamén como parte dos síndromes de sensibilización central) na Clasificación Internacional de Enfermidades, xa foi aprobada no Congreso dos Deputados en 2014, na actualidade aínda non se desenvolveron medidas de actuación específicas para estes colectivos.

Dende a PECCEM e EQDS destacan o traballo das persoas afectadas (Liga SFC/SSC) para a presentación da moción presentada por Esquerra Republicana de Catalunya-Moviment d’Esquerres-Moviment Demòcrata Català e apoiada por todos os grupos municipais do concello de Tarragona.

Chaman a estender este Plan de rescate a outras administracións locais, autonómicas e estatais, especialmente aos gobernos autonómicos e central para que apliquen protocolos de actuación e seguimento como os propostos pola European Academy of Environmental Medicine (outubro 2015) e “que recoñezan as incapacidades laborais que sofren as persoas afectadas e que se lles conceda as prestacións que lles corresponden en cada caso”, así como aplicar as medidas de precaución implícitas nas resolucións do Parlamento europeo de 2008 e 2009, a Resolución 1815 da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa de 2011, a proposta de Dictame aprobada na sección TEN do Comité Económico e Social Europeo (07.01.2015) que aplicaba un recoñecemento integral da hipersensibilidade electromagnética (cuxa non aprobación irregular en Pleno está sendo investigada pola Defensora do pobo europeo) e o chamamento internacional de científicos expertos en campos electromagnéticos á OMS/ONU (maio 2015).

Pensan que os custos económicos de crear as condicións laborais, sociais e sanitarias que permitan a estas persoas seguir sendo membros activos da sociedade, e en caso das máis gravemente afectadas, ter unhas condicións de vida dignas, deberían recaer tamén nas industrias, que se benefician da contaminación ambiental química e electromagnética que xeran os riscos potenciais asociados ás síndromes de sensibilización central para reparar os danos colaterais do seu rendible e boiante actividade económica.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.