1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

640px Hospital Álvaro Cunqueiro 2015 8 3Galiza - Praza - A  xestión na área sanitaria de Vigo, nomeadamente no novo Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC), está a crear unha seria dor de cabeza na Xunta. Logo da contestación cidadá e dos traballadores, con importantes mobilizacións na rúa, os xefes de servizo rebeláronse a semana pasada mostrando a súa "perda de confianza no equipo directivo" e reclamando medidas urxentes que arranxasen todas as problemáticas, especialmente as que seguen a sufrirse no novo centro. 


Foto de HombreDHojalata (CC by-sa 4.0) - O polémico Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

A situación é tal que o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou "cambios" na dirección e remudas de persoal, aínda que defendeu o xerente, Félix Rubial. E este foi o único que se salvou e o que comunicou este mércores as mudanzas ao persoal. A número dous e parte da cúpula directiva foi destituída, logo de varias renuncias anteriores e case dous meses despois de que Rocío Mosquera fora substituída á fronte da Consellería de Sanidade, lastrada tamén pola caótica xestión do HAC e o seu traslado. 

Foron, agora, seis mudanzas na cúpula da xerencia. Así, Julio García Comesaña, ata o de agora director de Servizos Centrais do Sergas, é o novo director de Procesos Asistenciais e será tamén o novo número dous da dirección en substitución de Mar Vélez. Javier Caramés, que xa anunciara a súa marcha, será substituído á fronte da dirección de Procesos sen Ingreso e Urxencias por Mariola Rodríguez. Ademais, os dous subidrectores de Proceso sen Ingreso, Juan Lázaro Anguis e Benito Rodríguez, saen tamén da xerencia, onde entra Elena Lorenzo Llauguer, antes directora médica de Atención Primaria en Pontevedra. 

Ademais, Javier Puentes substitúe a Ana Saracho á fronte da dirección de Procesos de Soporte, mentres que na área de Enfermería, mantense a directora, Pilar Reza, pero si foi destituída a subdirectora, Belén Pache, cuxo posto será ocupado por Ana Estévez. En Recursos Humanos, a nova directora será Ana Comesaña, que ocupará o cargo que tiña José María Solís.

O xerente da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Vigo, Félix Rubial, sitúa estes cambios nun proceso de "cambio natural" que será "tranquilo" e que ve necesario para darlle "un novo impulso" aos retos pendentes. Ademais, negou que as substitucións teñan que ver co escrito dos xefes de servizo pedindo solucións e amosando a súa "falta de confianza" na dirección. Son froito, di, da "fatiga inevitable e previsible" provocada pola xestión do traslado ao novo hospital

"Sinto non terlles dado o gusto aos sindicatos", asegura Rubial respecto ás peticións de dimisión dos representantes dos traballadores, tras advertir que nunca se lle pasou "pola cabeza dimitir" porque queda "moito traballo por facer". Precisamente, desde as centrais sindicais, CCOO asegura que as mudanzas deben supoñer "un cambio radical" no modelo sanitario da área porque "segue habendo problemas" tanto no HAC como noutros centros.

Desde a CIG vincúlanse as substitucións aos "múltiples problemas" do Álvaro Cunqueiro e advirte que "non se trata de persoas, senón de aplicar políticas diferentes e de rescatar o novo hospital para a sanidade pública". Mentres, a pasada semana coñeceuse que a Comisión Europea vén de admitir a denuncia presentada pola Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública sobre o financiamento do Álvaro Cunqueiro empregando a fórmula de financiamento público-privado e a modificación do seu proxecto inicial. Determinará se a súa adxudicación é legal ou non.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.