1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

2015 11 15 MarchaNovoHospitalVigo00.grandeGaliza - CIG - Durante a mobilizaçom convocada pola Junta de Pessoal denunciou-se o déficit de serviços e reclamou-se o arranjo das deficiências


Varios millares de pessoas participaron este domingo na marcha a pé até o novo hospital de Vigo convocada pola Xunta de Persoal para reivindicar a xestón 100% pública do centro médico, denunciar o déficit de servizos e reclamar o arranxo das deficiencias detectadas dende a súa posta en funcionamento. Dende a representación dos traballadores/as amósanse dispostos/as a dialogar co conselleiro de Sanidade “a pesar de que só fala cos xefes/as de servizo” e solicítanlle que se reúna coa xunta técnico-asistencial.

Segundo a organización, arredor de 4000 persoas participaron este domingo na marcha a pé entre As Travesas e o novo hospital de Vigo convocada pola Xunta de Persoal para reivindicar a recuperación para a xestión pública do 100% do centro médico e denunciar o déficit de servizos, en especial a ausencia dun laboratorio central, do servizo de esterilización e do número de camas necesario para unha atención de calidade.

A mobilización, que arrincou pasadas as 11.00 horas da Praza de América, serviu tamén para reclamar o arranxo das numerosas defiencias detectadas dende a posta en marcha da infraestrutura sanitaria. Para isto, a representación dos traballadores/as demándalle ao novo conselleiro de Sanidade que acceda a manter unha reunión.

Estas cuestións foron abordadas na intervención do presidente da Xunta de Persoal ao remate da manifestación, por volta das 12.30 horas. Durante o percorrido, no que se viviu un ambiente lúdico-festivo, as consignas máis escoitadas foron “A privatización é corrupción”, “Sanidade, pública e gratuíta” ou “Conselleiro dimisión”.

Dende a Xunta de Persoal consideran inaceptábel que o Álvaro Cunqueiro quede en mans de empresas transnacionais e construtoras que buscan facer negocio coa saúde da cidadanía. Cualifican de intolerábel os recortes aplicados (que reducen as máis de 1450 camas previstas a 850, nun 30% os quirófanos e en máis da metade as camas de urxencias) e critican a mala calidade dos materiais, que poñen en risco a atención ou a seguridade de pacientes e sanitarios e o cobro por aparcamento ou por servizos non asistenciais aos pacientes.

Tamén censuran que o novo centro non teña un laboratorio central e que se poñan en risco a calidade dos resultados das mostras e a seguridade dospacientes. Finalmente, denuncian que o proceso de trasladado de recursos e a apertura do centro realizouse cunha enorme improvisación e incapacidade técnica, “poñendo en risco a atención dos pacientes e a seguridade dos profesionais”.

Convocatoria da xunta técnico-asistencial

Pola súa banda, dende a CIG-Saúde incidiron en que non abonda cun cambio de actitude por parte do titular de Sanidade, xa que o que se precisa é unha modificación das políticas que se aplican dende a Xunta. “A única solución pasa por recuperar o centro para a xestión pública”, sosteñen. Así, amósanse dispostos/as a manter unha xuntanza co conselleiro “a pesar de que só se reúne cos xefes/as de servizo, que foron os que aceptaron que se producise o traslado nas condicións nas que se fixo, polo que nos os consideramos interlocutores/as válidos/as”.

Consideran imprescindíbel que o responsábel autonómico dialogue cos representantes dos traballadores/as e coa xunta técnico-asistencial, “que hai anos que non se reúne”.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.