1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

388px Intracerebral heamorrageGaliza - Fegadace - O movemento asociativo do Dano Cerebral Adquirido (DCA) en Galicia prepara diferentes actividades para conmemorar as dúas xornadas máis importantes do seu calendario: o Día do Dano Cerebral (26 de outubro) e o Día do Ictus (29 de outubro). As cinco asociacións membro da Federación Galega de Dano Cerebral aproveitarán a vindeira semana para achegar a súa discapacidade á sociedade en forma de mesas informativas e outros eventos públicos.


Hemorrágia Cerebral, por Glitzy queen00 - Imagem no Domínio Público

Co obxectivo de facilitar o traballo de cobertura e difusión de todos estes eventos, FEGADACE reuniu o calendario completo de actividades nun só documento que se inclúe a continuación, onde se indican as datas, entidades organizadoras e horarios de todas as convocatorias. Tanto a Federación como as súas asociacións quedan a disposición dos medios de comunicación para ampliar e/ou aclarar calquera cuestión de interese.

As asociacións de dano cerebral aproveitan estas datas para informar sobre a realidade da súa discapacidade, fomentando a inclusión social das persoas con DCA e das súas familias, e para reivindicar os seus dereitos. Visibilizando o dano cerebral tamén informan sobre as súas causas e insisten nos mecanismos de prevención existentes. É por ese motivo que FEGADACE quixo unir as convocatorias do Día do Dano Cerebral e do Día do Ictus, por ser este último a principal causa do DCA, no 78% dos casos. Non hai prevención do DCA sen prevención do ictus. Por último, estas conmemoracións serven de escaparate para aquelas familias que descoñecen a existencia das asociacións pero que precisan dos servizos de rehabilitación e de inclusión, dada a súa ausencia ou escaseza no marco do sistema público de saúde e atención á dependencia.

A maior parte dos actos organizados son mesas informativas nas que participan os equipos técnicos das asociacións, familiares e xuntas directivas, persoas usuarias e voluntariado. Xuntas aportan unha visión global do que é o movemento asociativo do dano cerebral, e poden aproximar ao público, desde diferentes perspectivas, a esta discapacidade.

As mesas informativas contan coa colaboración dos profesionais da SGN, coa que FEGADACE ten un convenio de colaboración para fomentar actividades de prevención do DCA. A Federación quere que  estes actos sirvan, ademais, de homenaxe a Miguel Blanco, neurólogo, membro da SGN, e colaborador das asociacións de dano cerebral recentemente falecido.

ACTIVIDADES CONMEMORATIVAS *DÍA DO DANO CEREBRAL *DÍA DO ICTUS
LUGAR DATA ENTIDADE ACTIVIDADE HORARIO
A Coruña 23/10/2015 ADACECO Mesa informativa na Praza de Lugo 10:00 a 13:00
25/10/2015

Xornada de actividades na Praza de María Pita: mercadiño solidario, actuación da Banda Militar de A Coruña, actividades para toda a familia (‘Ponte no meu lugar’, boccia e sorpresas para nenos e nenas)

Lectura do Manifesto do Día do DCA

Todo o día

12:00

Iluminación en verde da Torre de Hércules, a Fonte de Catro Camiños, o Castelo de Santa Cruz (Oleiros) e o Paraugas do Temple (Cambre) Pola noite
26/10/2015 Xornada Deportiva nos Xardíns de Méndez Núñez 10:00 a 13:30
Mesa informativa no Obelisco 10:00 a 14:00
Mesa informativa en El Corte Inglés 10:00 a 19:00
27/10/2015 Mesa informativa no Hospital Abente e Lago 09:00 a 13:00
28/10/2015 Mesa informativa no Hospital de Oza 09:00 a 13:00
29/10/2015 FEGADACE e ADACECO

Mesa informativa sobre o ictus no CHUAC

(Campaña http://www.fegadace.org/noticias/campanha-para-informar-dos-sintomas-de-alarma-do-ictus">‘Ictus, a principal causa do dano cerebral’, co apoio da Deputación da Coruña)

09:00 a 13:00
Lugo 26/10/2015 ADACE Lugo Mesa informativa no HULA 10:00 a 13:30
Mesa informativa no Centro Comercial As Termas 17:00 a 20:00
Santiago de Compostela 26/10/2015 Sarela Mesa informativa no CHUS 09:00 a 13:00
29/10/2015 FEGADACE e Sarela

Mesa informativa sobre o ictus no CHUS

(Campaña http://www.fegadace.org/noticias/campanha-para-informar-dos-sintomas-de-alarma-do-ictus">‘Ictus, a principal causa do dano cerebral’, co apoio da Deputación da Coruña)

10:00 a 13:30
Ourense 26/10/2015 Renacer Mesa informativa no Hospital Cristal 10:00 a 14:00
Mesa informativa na Rúa do Paseo 10:00 a 14:00
Pontevedra 26/10/2015 Alento Mesa informativa no Hospital de Montecelo 10:00 a 13:00
Vigo 26/10/2015 Alento Mesa informativa no Hospital Álvaro Cunqueiro 10:00 a 13:00

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.