Foto de HombreDHojalata (CC by/sa 4.0) - Hospital Álvaro Cunqueiro, em Vigo.
O Hospital Álvaro Cunqueiro terá un novo responsabel de urxencias, despois de que o doutor Juan Lázaro presentara a súa demisión. É o segundo cargo do novo centro sanitario que dimite en poucos días. Xa presentou a súa demisión o supervisor de enferemería José Antonio Rey, alegando problemas de organización do traballo despois do traslado.
O SERGAS nega que Lázaro presentase a súa dimisión e asegura que está de vacacións. Con todo, varios medios locais citan fontes próximas ao doutor para asegurar que presentou a súa dimisión antes de marchar de vacacións e que a Consellería xa lle está a buscar sustituto a Lázaro.
As urxencias do Hospital non son alleas as queixas dos doentes que acuden ao novo centro. Os atrasos acumúlanse debido, entre outros factores, as avarías nos equipos de probas diagnósticas.