1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

sarelaaniversarioGaliza - Sarela - A Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela fai 15 anos este 2015 e celébraos cunha festa para os seus socios e socias que inclúe música, baile e un xantar.


Esta conmemoración quere ser un punto de encontro para familias, persoas usuarias, membros da Xunta Directiva e profesionais da asociación, no que se visibilicen os logros destes 15 anos de traballo para a mellora da calidade de vida das persoas con dano cerebral adquirido da área de Compostela.

A cita é este sábado 3 de outubro no Traspaxonal, nunha carpa que se vai colocar na explanada contigua ao centro de Sarela. A asociación conta coa colaboración altruísta de moitas persoas que participan en diferentes medidas.

O inicio da festa é ás 12:00, cando se irá recibindo ás persoas asistentes coas actuacións do Grupo de Gaitas da Asociación Musical O Recobio de Baamonde e do gaiteiro solista Arcadio de la Vega. A continuación servirase un xantar, coa colaboración da ‘Pulpería Guerra’, que ten un prezo reducido de 15 euros para as persoas socias de Sarela (e de balde para menores de 10 anos).

Na sobremesa haberá xogos infantís coas monitoras de Fada-Verde, e un dúo musical amenizará o baile para os adultos e adultas. Está previsto que a festa se estenda ata as 19:00 h.

Sarela aproveita esta conmemoración para afianzar as súas relacións no barrio do Traspaxonal, ao que se trasladou hai agora oito meses. Ademais da convivencia cos socios e socias, a festa vai servir para coñecer mellor á veciñanza, comercio e asociacións establecidas nas rúas máis próximas a Pedro Cabezas González.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.